A Mariña, xoves 15 de abril de 2021. Desde que o pasado día 13 de abril se fixera público que o goberno do Estado comezaba a tramitar a solicitude do Principáu d’Asturies para que se oficialice o nome “Ría del Eo”, algo que vai contra a oficialidade do topónimo “Ría de Ribadeo” que é o nome historicamente empregado por habitantes galegos, asturianos e de calquera outra latitude e de igual xeito rexistrado en todo tipo de documentos históricos, o Bng anunciou o seu posicionamento diante deste proceso administrativo que agora se inicia e no que según o deputado Daniel Castro, “a Xunta de Galiza non pode quedar ausente na defensa da nosa toponimia e do nome que leva unindo a todas e todos desde hai xa séculos. E para iso o goberno galego pode empregar unha cantidade inxente de documentación e de argumentación histórica e lingüística, xa que podemos observar como xa se falaba de “Ría de Ribadeo” nas cartas do almirantado inglés do século XVII ou no Arquivo Xeral de Simancas do 1795. Estes últimos son só uns poucos exemplos que nos permiten ver a antigüidade do uso deste termo, mais tamén podemos acudir a razóns sociolingüísticas, debido a que o termo “Ría de Ribadeo” foi o único termo empregado na oralidade polos habitantes das dúas beiras da ría até que hai unhas poucas décadas se introduciu un debate imposto”
Castro recorda tamén que que a propia Xunta de Galiza no 2008 xa se manifestou favorablemente a respecto do uso do topónimo “Ría de Ribadeo”, e en consonancia cos datos e documentación histórica que avalan esta denominación presenta unha proposición non de lei para que o Parlamento galego inste á Xunta de Galiza a ter unha posición unánime e de país na defensa da nosa toponimia participando no proceso de alegacións iniciado polo goberno do Estado co obxectivo de que se manteña como único topónimo oficial o de “Ría de Ribadeo” para denominar o estuario que separa Galiza e Asturies.”























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



