Ribadeo, 22 de Abril, 2021. Como xa temos informado ata a saciedade, o Concello de Ribadeo concedeu a licenza de actividade para os apartamentos turísticos da illa Pancha o día 1 de decembro de 2017, despois de que a inspección técnica comprobase que naquela data, ás dúas da tarde a porta de acceso á Illa Pancha estaba aberta “de par en par”.
Tamén temos publicado repetidamente que unha das condicións que poñía o concello era que o acceso público á toda a illa estivese garantido para os ribadenses e visitantes.
Asemade lembraremos que nen a porta, nen a a ponte, nen os accesos aos apartamentos entraban dentro da concesión aprobada pola Autoridade Portuaria o día 30 de Xuño de 2015. A devandita concesión só incluía uns cincocentos metros cadrados a carón do antigo faro e pequenas parcelas colindantes. Ou sexa, non incluía os 4300 metros cadrados con vexetación da illa.
Mesmo temos reproducido a publicidade da empresa concesionaria que anunciaba “toda la isla a disposición exclusiva” ou “una isla con acceso restringido”.
Seguindo cos feitos comprobados, en xaneiro de 2019, despois de seis meses dándonos voltas no concello e tras recorrer á lei de Transparencia diante da Valedora de Pobo Galego, que obrigou ao concello a facilitarnos o acceso a esa documentación, puidemos consultar a parte do expediente que se refería á concesión da licenza de apertura e por primeira vez comprobamos, negro sobre branco, que unha condición básica para conceder esa licenza era que a porta estivese aberta ao público. Xa pasara mais de un ano, o concello tiña agochada esa información e a porta seguía pechada.
Os días once de abril e oito de maio de 2019, visto que a porta de entrada na Illa Pancha seguía pechada rexistramos sendos escritos no concello de Ribadeo dando conta ao Sr. Alcalde desta circunstancia, ao mesmo tempo que o puxemos en coñecemento da opinión pública. Só suliñar que o Sr. Alcalde non respostou.
O día 24 de xuño de 2019 formalizamos unha denuncia por escrito na Fiscalía do Xuzgado de Mondoñedo polo recorte dos dereitos democráticos dos veciños, ao non permitirse o acceso a un espazo libre de uso comunitario, engadindo os documentos mais significativos que avalíaban os feitos denunciados. Ao cabo de poucas semanas a fiscalía confirmounos que a apertura da porta era preceptiva sen ningunha dúbida. Pero a porta seguía pechada.
E houbo que agardar ao 3 de outubro de 2019, ou sexa 21 meses, para que o concello de Ribadeo notificase por escrito á empresa concesionaria a obrigatoriedade de manter aberta ao público a porta de acceso á Illa Pancha. En todo ese tempo o concello non moveu peza para defender os dereitos lexítimos dos veciños e estivo dando largas e apoiando o interese particular dunha empresa privada. E non só iso, ocultouse a información e todo seguiría no segredo dos papeis se non fose polas denuncias do noso colectivo. Folga suliñar que en abril de 2021, tres anos e catro meses despois de conceder a licenza a porta segue pechada.
O motivo desta longa introdución é que nas últimas horas tivemos acceso a unha nova documentación, que non podemos publicar íntegramente por condicionantes legais, na que se constata que o concello está obrigado a tomar medidas eficaces para garantir aos veciños o libre exercicio do seu dereito a facer uso dos terreos non concesionados da Illa Pancha. Neste novo expediente, que por certo obra en poder do concello sen que o teña comunicado á opinión pública, aparece ¡19 veces!, negro sobre branco que a lexislación vixente esixe que o vecindario teña acceso libre a un espazo público e nos engadimos que concello de Ribadeo non fai nada para un beneficio e aproveitamento privado. En concreto trátase de un proceso xudicial, no que o noso grupo non tivo unha participación directa e do que non podemos dar mais datos polas limitacións anteditas, pero debemos informar de que temos o texto íntegro do mesmo, que solicitamos ao Xuzgado nº 2 do Contencioso Administrativo de Lugo e recibimos no día de antonte e que confirma plenamente que a porta da Illa Pancha debe estar aberta ao público sen negún tipo de restriccións. Entendemos que o concello de Ribadeo ten a responsabilidade institucional e democrática de dar conta aos veciños de esta información por tratarse de un asunto público de interés xeral. E non se trata de compensar senón de cumplir a lei diante da veciñánza.
COLECTIVO POR NUESTRO FARO






















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



