Viveiro, 8 de abril de 2021. O Concello de Viveiro está a realizar unha campaña de recollida selectiva nos centros educativos do municipio en colaboración con Ecoembes. Grazas a esta iniciativa, o goberno local pretende fomentar a reciclaxe entre o alumnado e sensibilizalo sobre a súa importancia.
En total, sete centros de ensinanza adheríronse a esta iniciativa sobre a recollida selectiva en Viveiro. Concretamente, participan o CEIP Landro, a EEI San Roque, o CEIP Plurilingüe de Covas, o CEIP de Celeiro, o CEIP Plurilingüe Santa Rita. A estes centros, súmanse tamén a aula UNED de Viveiro e o Conservatorio Profesional de Música.
“O coidado do medio ambiente debe ser unha prioridade para todos os concellos, por iso queremos fomentar a reciclaxe entre a mocidade de Viveiro, co obxectivo de educar a futuros adultos comprometidos”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
No marco desta campaña, onte entregáronse nos citados centros numerosos colectores que se colocarán no interior das instalacións educativas. Os contedores permiten separar dunha banda os envases lixeiros, que se depositan no colector amarelo; e doutra banda o papel e o cartón, cuxo destino é o colector azul.
A campaña continuará con iniciativas de formación, polo que o Concello de Viveiro xa ofreceu aos centros a realización de actividades de concienciación co alumnado. Deste modo, algúns centros decantáronse por solicitar material informativo mentres que outros pediron charlas, que serán nalgúns casos telemáticas e noutros presenciais. Está previsto que proximamente sexan impartidas as charlas e que se distribúa o material informativo entre os centros.
Esta iniciativa súmase á campaña “Únete ao Reto”, organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente entre febreiro e abril deste ano. Neste proxecto, o Concello de Viveiro foi escollido para participar co reto de mellorar a súa achega de envases lixeiros ao colector amarelo.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



