Ribadeo, a 29 de abril de 2021. “Queremos poñer luz sobre un tema que o BNG quere ocultar”. Así de contundente o manifesta o voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo en relación ao pleno extraordinario que veñen de solicitar para esclarecer a que se vai destinar a herdanza do Doutor Moreda; asunto que Vega cualifica de “fundamental”, pois este legado “é patrimonio de todos o veciños de veciñas de Ribadeo”.
“Convocamos este pleno para falar da herdanza do Doutor Moreda e das melloras que temos que facer no hospital-asilo. Hai unha obriga de explicar aos cidadáns do noso pobo que se fai a facer con ese patrimonio”, remarca o líder do PP neste municipio da Mariña.
Tal é así que, indica, “queremos traballar conxuntamente para traballar e analizar que orzamento ten e que fin vai a ter”, defendendo que hai que investir no hospital-asilo. “A herdanza así o di. Todos, dende o goberno, o corpo técnico, á representación que designe a familia e ás distintas administracións que colaboren tamén na reforma lles debemos dar cabida”. A este respecto, Vega reivindica que se trata de crear “unha comisión técnico-política” para buscar a mellor fórmula a un legado que, por riba de todo, pertence á vila de Ribadeo e aos seus habitantes.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



