Abadín, 21 de abril de 2021. “As veciñas e veciños de Abadín sofren unha vez máis a incompetencia do Alcalde, tras comprobar o estado das pistas da concentración parcelaria de Fanoi”. Así o dixo o voceiro socialista Pablo Díaz López, que mantivo contactos cos representantes da Asociación de Veciños de Fanoi, na que lles trasladou o seu malestar pola situación na que se atopan tódolos viais desta parroquia.
Díaz López advertiu ademais que este mesmo venres van a ser entregados os títulos da parcelaria de Fanoi aos seus propietarios, por parte da Conselleira de Medio Rural. “Polo tanto, non entendemos como o Alcalde non move nin un só dedo para reclamar á Xunta que acondicionen estas pistas antes de ser entregadas á veciñanza, xa que están completamente abandonadas, sen desbrozar e sen acondicionar”, criticou.
“Sabemos que dende a Asociación de Veciños trasladaron estas queixas ao Concello, pero como puidemos comprobar a dous días de entregar os títulos da parcelaria, en Fanoi non se fixo absolutamente nada. O Alcalde e todo o Goberno seguen coa súa tónica de mirar cara outro lado cada vez que aparece un problema dun veciño”, dixo.
Neste punto Pablo Díaz lembra ademais a Comisión da Concentración parcelaria na que se puxeron enriba da mesa todas estas peticións. “Pero de tódalas promesas que se fixeron por parte do Alcalde para mellorar e desbrozar estas pistas, non se cumpriu nin a primeira, todo segue abandonado”, remarcou.
Por último, o Voceiro Socialista argumentou que “Abadín merece un Goberno serio e responsable que atenda ás demandas e os problemas da veciñanza, e non títeres políticos que non escoitan aos seus veciños, por iso hoxe facémonos eco das súas peticións. Antes de entregar as parcelarias de Fanoi hai que cumprir co prometido e arranxar esta situación”, resumiu Pablo Díaz.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



