Burela, 17 de abril, 2021. O Pescados Rubén Burela FS non lle puido brindar hoxe a Vista Alegre unha nova alegría de Clásico. Despois de case ano e medio sen medirse, o Futsi Atlético Navalcarnero leva os tres puntos da xornada 4 desta segunda fase nun partido no que faltou ritmo e velocidade e nesta tónica as visitantes estiveron máis cómodas. Pescados Rubén Burela FS respectou en exceso o rival e iso penalizou as de Julio Delgado: “Xeramos poucas ocasións de gol e no aspecto defensivo respectámolas demasiado. Na segunda parte fomos un pouco máis a por elas, pero quedo coa sensación de que puidemos facer algo máis. Os dous chegamos ben ao play off, con bo colchón. Este era máis un partido de orgullo, despois de moito tempo sen enfrontarnos” explicaba as súas sensacións o técnico tras a primeira derrota mariñá da tempada: “Non nos podemos esquecer do que fixemos ata o de agora, do traballo deste últimos oito meses. Estamos na parte de arriba da táboa, imos xogar a Copa da Raíña e a final da Copa Galicia. Creo que o equipo está onde merece”.
As madrileñas souberon como sacar rendibilidade ao contragolpe para adiantarse no minuto 6, con Irene Córdoba apoiada en Ari. Merodearon a rede de Belén de Uña Jane e Luísa Mayara sen éxito. Tras a boa intervención de Jozi Oliveira, fronte a Lora nunha nova transición, o Pescados Rubén Burela gañou en perigo. A punto estivo de ver o empate Peque, no minuto 12, nunha perda de Ju Delgado que soubo como cazar Elena Aragón, cunha excelente resposta da meta madrileña. No minuto 17, as de Julio Delgado tamén fixeron méritos para igualar a contenda; Ale de Paz non puido chegar ao balón cruzado de Jane e segundos despois Peque acariñou o esférico ao segundo pau en pase da de Neda. Soou a bucina en Vista Alegre con nova ofensiva local entre Ale, Dany e Peque que liquidou a defensa visitante.
Cami igualou a contenda no 29 cun disparo raso afastado que chegou a tocar Marta Balbuena, custodiando a rede na rede na segunda parte, aínda que se escapou para entrar rozando o pau. Volveu adiantarse o Futsi con Ame Romero, que tan só tivo que empuxar fronte a Jozi o lanzamento de Ju Delgado (minuto 35). Respondeu inmediatamente o Pescados Rubén co selo de Jane en recuperación cunha moi envelenada ante a que tivo que sacar a man Marta Balbuena. Con case catro minutos por diante, Bea Mateos liderou o xogo de cinco pero sen atopar recompensa que rozou Peque a catro segundos da bucina.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Jozi Oliveira, Dany, Peque, Bea Mateos, Ale de Paz, cinco inicial; tamén xogaron M. Cortés, Jane, Luísa Mayara, Lara Balseiro, Cami, Elena Aragón
Futsi Atlético Navalcarnero: Belén de Uña, Ari, Leti, Ju Delgado, Ame Romero, cinco inicial; tamén xogaron Irene Córdoba, Anita Luján, Lora, María Sanz, Becha, Marta Balbuena, Laura Córdoba
Goles: 0-1, minuto 6, Irene Córdoba; 1-1, minuto 29, Cami; 1-2, minuto 35, Ame Romero
Árbitros: Ferrero Carballal // Martínez Torres. Por Burela amarela para Bea Mateos (minuto 12), Peque (minuto 15), Jane (minuto 16). Por Futsi amarela para Ari (minuto 7), María Sanz (minuto 10), Irene Córdoba (minuto 27)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 4 (segunda fase) de Primeira División Feminina disputado no municipal Vista Alegre, que contou coa presenza da seleccionadora nacional Clàudia Pons. Principio del formulario

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



