Lugo 6 de abril de 2021. A área de Medio Rural, Mar e Mocidade colaborou na edición da publicación “O cabalo de pura raza galega: historia e situación actual”, editada pola Asociación de Criadores de Pura Raza Galega (Puraga).
Trátase dunha publicación divulgativa que recompila información sobre as características xenealóxicas da raza, a evolución da poboación en Galiza, a súa influencia na conservación da biodiversidade e da paisaxe cultural, o léxico asociado á tradición cabalar ou un calendario cos principais curros, rapas e feiras que se celebran no país arredor destes animais. O material distribuirase en eventos, feiras, carnicerías e outros espazos comerciais para facilitar ás persoas consumidoras unha información completa e rigorosa sobre a orixe do produto.
A deputada de Medio Rural, Mónica Freire, sinalou que “se trata dun material informativo que permite achegarse dunha maneira rápida a importancia medioambiental, cultural e económica da actividade que desenvolven os gandeiros e gandeiras de cabalo de Pura Raza Galega, boa parte deles concentrados arredor do Xistral”.
A publicación, presentada no concello de Muras onde Puraga ten a súa orixe, constata que o cabalo de Pura Raza Galega “mantén unha poboación estable ou lixeiramente tendente á alza, rondando entre os 1.500 e os 1.700 exemplares, a maior parte deles, femias” e engade que “a conservación da poboación débese a unha maior profesionalización das explotacións onde se localizan”.
Tamén sinala as principais ameazas desta raza autóctona como “o cruce con razas de maior condición cárnica, a falta de acondicionamento das comunidades de montes, a apertura de pistas e estradas por áreas tradicionais de pastos ou a intensificación da carga gandeira por parte da administración”, ademais do progresivo “despoboamento e envellecemento do mundo rural”
Apoio ao sector agroalimentario fronte á Covid 19
A edición deste material divulgativo enmárcase no convenio asinado entre a área de Medio Rural e Puraga para desenvolver diferentes iniciativas orientadas á promoción e valoración desta raza autóctona, dos gandeiros e gandeiras que manteñen o sistema de cría tradicional en semiliberdade e dos produtos derivados. Así, a área dirixida por Mónica Freire tamén colaborou na organización de degustacións e campañas de promoción de carne fresca e embutidos orientadas a facilitar a súa comercialización.
A área de Medio Rural destinou máis de 5.000 euros a este convenio de colaboración con Puraga, que se sumou aos asinados con outras con asociacións e entidades do ámbito agroalimentario para apoiar a comercialización dos seus produtos e paliar a incidencia que a situación sanitaria tivo nas vendas, especialmente nas orientadas á restauración. Nos últimos meses asináronse convenios con Ovica para o impulso da marca “Pastores de Galicia”, con Asoporcel ou coa Federación de Razas Autóctonas.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



