Compostela, 14 de maio, 2021. A plataforma denuncia a posible comisión dun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente, tipificado no artigo 325 do código penal, por parte dos responsables de queimas forestais supostamente controladas en zonas protexidas ou en zonas de interese ecolóxico, nun período no que boa parte da fauna se atopa en fase de reprodución e polo tanto cunha maior vulnerabilidade diante destes ataques ao medio natural.
Sinalan que en marzo e abril, a Administración, con absoluto desprezo ao risco de incendio dadas as condicións meteorolóxicas que se estaban a producir, decidiu levar a cabo queimas supostamente preventivas que incluso nalgúns casos saltaron das áreas previstas dando lugar a incendios forestais que destruíron importantes superficies de terreos protexidos e de grande valor ambiental.
Os feitos son esclarecedores, foron reflexados no seu día nas crónicas da prensa e non dan lugar a dúbida. Equipos da Consellería do Medio Rural co apoio da UME provocaron incendios na Serra do Courel (Lugo), afectando a unha considerábel superficie neste espazo protexido, e no Monte Muradal, no Concello da Fonsagrada, en plena Reserva da Biosfera de Oscos-Fonsagrada-Terras de Burón.
Non é a primeira vez que estas prácticas perigosas co lume provocan incendios de importancia. A Administración galega non é descoñecedora dos riscos que conlevan as queimas nin das desastrosas consecuencias para hábitats de tanto valor ecosistémico como os arrasados polos incendio do pasado mes de abril.
Estos incendios causaron graves danos a estos ecosistemas e para a extinción dos mesmos foi necesario un importante gasto. Só no caso do incendio producido na Serra do Courel tivéronse que mobilizar 5 helicópteros, 2 avións de carga en terra, buldózeres e varias motobombas e brigadas forestais.
Ao xuízo da plataforma estos incendios non se poden considera lumes fortuítos produto da fatalidade, senón que son o froito dunha grave neglixencia con responsabilidade criminal por parte da Administración, unha neglixencia merecedora dun sanción penal contundente.
“As denominadas “queimas preventivas” resultan ser claramente prexudiciais cando, como nestes casos, se realizan en épocas de grave risco de incendio, de grave perigo para a conservación da fauna e en áreas destinadas á protección” -recalca Benito Andrade, membro da plataforma “Por un Monte Galego con Futuro”- “Existen alternativas ao uso do lume que son practicadas en territorios da Unión Europea e que permiten o manexo seguro dos ecosistemas”.






















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



