O evento, no que se enxalzou a figura de Xela Arias, escritora á que se lle dedica a data este 2021, contou coa participación dos intérpretes Rosa Lage e Víctor Rolle. Mentres recitaban, estiveron acompañados polo músico Lino Rico, profesor ademais do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. Dende o Concello agradécese a implicación dos intérpretes e participantes, así como do profesorado do conservatorio e de todos os asistentes, que contribuíron a reivindicar a figura da escritora.
![A sala multiusos de Viveiro acolleu o concerto do obradoiro de canto coral do Conservatorio Profesional, enmarcado na programación para celebrar o Día das Letras Galegas](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2021/05/VIVEIRO-CONCERTO-LETRAS-GALEGAS-4.jpg)