Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021. O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu esta tarde xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a reunión da Comisión de Toponimia de Galicia, na que se acordou manter a oficialidade do topónimo galego Ría de Ribadeo, despois de que o Principado de Asturias trasladase ao Goberno central unha petición para oficializar o nome Ría do Eo.
O Goberno galego enviará a valoración e o informe solicitado ao respecto polo Instituto Xeográfico Nacional do Ministerio de Fomento. Cómpre aclarar que este organismo estatal será o encargado da oficialización do topónimo, como ocorre en tódolos casos que afecten a máis dunha comunidade autónoma. De feito, xa en 2008 despois de que o Principado de Asturias fixera a mesma petición, este órgano aceptara o topónimo Ría de Ribadeo, coincidindo co informe da Xunta.
O ditame da Comisión de Toponimia da Xunta que se enviará neste caso ao Goberno central basease nas aportacións realizadas en distintos informes polo Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG), o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), que foron avaliados na reunión de hoxe.
A Comisión de Toponimia é o órgano de estudo, asesoramento e consulta da Xunta para a determinación dos nomes oficiais da toponimia galega e para efectuar as consultas que sexan necesarias con tal fin, do que forman parte representantes de distintos departamentos do Goberno galego e de distintas institucións. O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar esta mesma semana os vogais representativos deste órgano con membros do Consello da Cultura Galega, da Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega, o Instituto Padre Sarmiento e a Facultade de Xeografía e Historia, así como os vogais de libre designación e a secretaría da Comisión.
Na aposta da Xunta por salvagardar e divulgar o tesouro toponímico de Galicia, púxose en marcha a finais de 2019 a plataforma Galicia Nomeada por parte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e en colaboración coa RAG. Trátase dunha iniciativa pioneira pola que xa se interesaron outras comunidades e institutos de investigación tanto de Galicia como doutros lugares. Nos 16 meses que leva en funcionamento, o número de solicitudes de persoas interesadas en sumarse ao proxecto non deixou de medrar e, na actualidade, son máis de 2.100 as que cooperan na construción desta proposta colectiva. Tamen dá conta da boa acollida da iniciativa e a súa importancia para salvagardar a microtoponimia tradicional o número de topónimos recolectados, que xa supera os 26.800, así como máis de 5.000 suxestións realizadas.
A aplicación permite a colaboración da cidadanía para recoller a microtoponimia para logo rexistrar os topónimos recollidos nunha base de datos, xeorreferencialos e difundilos a través do Portal de Toponimia de Galicia, unha referencia para a toponimia oficial galega, con case 480.000 topónimos recompilados.
A Xunta destaca a importancia de conservar, poñer en valor e recuperar a toponimia, que supón unha parte importante do patrimonio da comunidade, tendo en conta ademais que un terzo das entidades de poboación de España están en Galicia, o que da lugar a unha nutrida toponimia en canto a antigüidade, variedade e densidade de denominacións por quilómetro cadrado.





















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



