Os soberanistas do Scottish National Party (SNP) gañaron as súas cuartas eleccións seguidas ao Parlamento nacional escocés (2007, 2011, 2016 e agora 2021) acadando 64 /129 escanos, un menos da maioría absoluta. A maioría independentista completouse cos 8 deputados dos verdes Scottish Green (gañan 2), fronte aos 57 deputados unionistas (31 tories-gañan 1-, 22 laboristas-perden 2 e acadan os seus peores resultados desque o Parlamernto escocés foi restaurado, no 1997- e 4 liberal-demócratas-perden 1 e acadan tamén os seus peores resultados en comicios escoceses recentes-). Os 72/129 deputados a prol da independencia escocesa sobardan os 71 de 2016 e constitúen o mellor resultado da historia para os seareiros da soberanía da vella Caledonia.
Na votación ao Parlamento escocés emítense dous votos: un para escoller 73 deputados polo sistema maioritario de distritos uninominais (constituency vote) no que gaña o escano o que quite máis votos (“the winner takes it all”) e outro para escoller outros 56 deputados elixidos en 8 circunscricións plurinominais rexionais por sufraxio proporcional. Nesta segunda escolla penalízanse os partidos máis votados, para acadar unha corrección proporcional potente ao sistema. Deste xeito, a first minister Nicola Sturgeon, cun resultado moi parello en proporción de votos ao de Núñez Feijóo de xullo de 2020 fica un deputado por baixo da absoluta, no canto dos 42/75 de Feijóo 2020. Verdadeiramente hai países que traballan a serio a proporcionalidade electoral.
O SNP acadou os seus mellores resultados da historia das eleccións escocesas en termos absolutos e relativos na escolla de distritos uninominais, cun 47,7% de votos (case 1.300.000, un 46% máis ca os 900.000 de 2011) e 63/73 constituencies. Mais na votación por distritos plurinominais rexionais baixou ao 40,3% e case 200.000 votos (o seu terceiro mellor resultado), sendo os grandes beneficiarios desta dupla escolla os verdes, que acadaron o 8,1%. O partido soberanista Alba, do antigo first minister Alex Salmond, ficou fóra do Parlamentod de Holyrood, cun 2.3% nas eleccións por distritos plurinominais, pois que non se presentou ás constituencies. Como manifestou a analista galega, experta na política escocesa, Pilar Aymara Fernández, a táctica do SNP de desaconsellar o voto dual a prol dos nacionalistas do Alba evitou unha supermaioría de 80 ou máis deputados soberanistas.
De calquera xeito, os resultados foron moi bos para o independentismo escocés. Velaí que a oportunidade dun segundo referéndum de independencia, do indyref2 sexa evidente, tendo en conta tamén a máis alta participación na historia recente das eleccións nacionais escocesas (63% fronte ao 55,8% de 2016 e o 50,3% do 2011). Nicola Sturgeon ten un mandato nidio da cidadanía escocesa para convocar un novo referéndum de independencia tan logo como llelo permita a pandemia e tamén ten un nidio mandato para usar todos os medios legais ao seu dispor que posibiliten este referéndum, que conta coa oposición do prime minister británico Boris Johnson. Neste senso, é moi rechamante a opinión de Kirsty Strickland deste domingo no xornal unionista escocés The Scotsman, suxerindo que lib dem, tories e laboristas haberían gañar o relato a prol do voto negativo nese indyref2 no canto de se opor á súa celebración. Verdadeiramente hai países onde prohibir votar considérase pouco democrático.
As eleccións escocesas amosaron outravolta unha tendencia xeral europea: as distintas nacións e territorios votan cada vez máis de xeito distinto, como vimos de observar no caso das eleccións nacionais vascas, galegas e catalás e nas rexionais madrileñas. Neste 6-M electoral no Reino Unido o avance conservador nas eleccións locais inglesas (e na parcial de Blackpool) contrasta co grande trunfo independentista en Escocia e coa rechamante vitoria laborista (quitou 30/60 deputados) en Gales, onde os soberanistas do Plaid Cymru avanzan, cun 20,7% de votos e 13/60 escanos (fronte aos 12 de 2016 e aos 11 de 2011). Mais estas eleccións galesas ben merecen un artigo de seu.




















A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.



