Burela, 3 de maio de 2021. O alcalde, Alfredo Llano, destaca a espectacular traxectoria do Pescados Rubén Burela, que onte se proclamou campión da Copa da Raíña por terceiro ano consecutivo. O rexedor dixo que as guerreiras laranxas son unha referencia para o fútbol sala. Hoxe ás oito da tarde terá lugar un acto de recoñecemento na praza do Concello. Alfredo Llano convida a asistir, respectando o protocolo covid coa distancia de seguridade e o uso da mascarilla.
O alcalde burelés dixo que “temos a grande satisfacción de relembrar edicións anteriores e imos recibir hoxe ás oito da tarde no Concello de Burela, ás xogadoras, ao equipo técnico, á directiva e a todo o mundo que queira vir. Invitamos a todos os veciños e veciñas de Burela a que acudan ao Concello para recibir ás xogadoras e a todo o equipo”.
O rexedor subliñou que “é moi importante o que está ocorrendo co fútbol sala aquí en Burela. Hai que ter en conta que xa foi nomeado o mellor equipo do mundo de fútbol sala feminino e están sendo coherentes porque certamente están dicindo que si é o mellor equipo do mundo, xa que o que fixeron agora na Copa da Raíña foi espectacular como na súa traxectoria en xeral tanto na Liga como nos diferentes trofeos”.
Alfredo Llano engadiu: “no nome do pobo de Burela estamos todos moi contentos de que isto sexa así. Están dando a cara e son unha referencia clarísima do que é o fútbol sala a nivel mundial. Iso dá moita importancia ao noso concello e ao noso deporte”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



