Foz, 10 de maio de 2021. É mala para Foz a probada incapacidade do goberno local, presidido polo socialista Fran Cajoto, para resolver os problemas do municipio. Pero é tan mala para o bo funcionamento da institución a falta de respecto do alcalde á oposición, que, de novo, e de maneira moi clara, se puxo de manifesto na pasada sesión plenaria. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Estamos indignados na oposición de Foz pola actitude do señor alcalde, Fran Cajoto, como presidente do pleno. Así llo fixemos ver tanto o Partido Popular como Foz Plataforma de Futuro, posto que, cada vez que interviña a oposición, o alcalde respondía con risas, e iso, dende logo, non é digno do presidente dunha corporación”.
Explica Castiñeira: “Indignados estamos tamén pola burla que é a resposta que o alcalde deu a algo tan importante como a petición dun plan de emprego, feita pola oposición e denegada polo Partido Socialista e o BNG. Que diga abertamente que non quere facer un plan de emprego, un plan que pedían cando estaban na oposición. Pero que diga que está creando emprego, por 600.000 euros, iso é un insulto á intelixencia de todos os focenses. Só lle faltou dicir que traballan no concello 85 persoas e que iso é un plan de emprego. Non pode incluír aí obradoiros que aínda non están concedidos e os programas de emprego da Xunta ou da Deputación; é unha auténtica vergonza de resposta”.
Os populares reclaman “un plan de emprego específico, como se fixo sempre e como o que pedían vostedes cando estaban na oposición, para reforzar servizos no verán e tratar de dar emprego e oportunidades a todas esas persoas que esperan traballos de tres a seis meses”. Castiñeira sinala: “Hai que tratar de ter unha partida, como nos últimos anos, de entre 100.000 e 150.000 euros, ou 200.000 euros, porque este é un ano especial. O resto son desculpas baratas”. O portavoz popular avisa a Cajoto: “Van facer falta socorristas, xente para limpar as estradas e as rúas, para a recollida do lixo, o adecentamento urbano e a limpeza de praias; todos iso é necesario e cos programas que vostede ten non vai chegar”.
Castiñeira avisa: “Dicímosllo a tempo dende a oposición; despois non veña dicindo que sempre estamos protestando. Estamos intentando anticiparnos, como fixemos coas axudas, pero vostede maltrata todo o que vén da oposición. Pedimos máis respecto á oposición e máis respecto para os veciños de Foz”.





















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



