Santiago de Compostela, 18 de maio, 2021. A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil anunciou que o BNG centrará o vindeiro pleno do Parlamento galego na necesidade de incrementar os recursos en Atención Primaria, as peaxes das autovías, os proxectos eólicos lesivos para Galiza e o cumprimento da Lei de Normalización Lingüística.
Rodil avanzou que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón preguntará a Núñez Fáixoo pola necesidade de incrementar os recursos en Atención Primaria ante os continuos recortes e recalcou que a Xunta “aproveita a pandemia para afondar no deterioro da sanidade pública” de maneira especial “na base do sistema sanitario” culpabilizando ao colectivo de profesionais das listas de agarda ou o retraso nas citas co médico de cabeceira.
“O BNG urxirá ao goberno a reforzar, con máis recursos e persoal, á Atención Primaria despois dun ano de pandemia que deixou ás profesionais exhaustas e puxo ao límite unha sanidade pública vítima de grandes recortes antes da crise sanitaria”, afirmou.
Un novo modelo de política lingüística para o ensino
A deputada explicou que onte en Compostela milleiros de persoas encheron a Praza do Obradoiro convocadas pola plataforma Queremos Galego, e avanzou que o BNG levará ao pleno unha Moción instando á Xunta a cumprir a Lei de Normalización Lingüística consensuando “un novo modelo lingüístico educativo” que poña fin ás actuais políticas e garanta pleno coñecemento do alumnado da súa lingua propia ao rematar o ensino obrigatorio.
Neste sentido, lembrou que sucesivos estudos e informes, tanto da Academia como do Consello da Cultura ou máis recentemente do Consello de Europa advirten que cada vez “máis nenas e nenos neste país rematan os seus estudos sen ter competencias plenas en lingua galega” e iso débese á pervivencia de barreiras e atrancos para a aprendizaxe. Entre outras razón, dixo, porque o Partido popular leva hai máis dunha década prohibindo impartir en galego materias como Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía.
O goberno, recalcou Rodil, vulnera de maneira “deliberada” os dereitos lingüísticos. Sen coñecemento non hai liberdade de escolla. Como vai escoller a mocidade deste país usar unha lingua que non domina, na que non ten competencias plenas e que ademais non fai parte da súa vida diaria como lingua ambiental? preguntou.
Ademais, o BNG defenderá unha Proposición non de Lei contra as peaxes nas autovías de titularidade estatal despois de que o Goberno español volvese reabrir este debate. Queren obrigar aos galegos e galegas a pagar unhas autovías que xa están pagadas cos impostos. As peaxes das autovías, engadiu terían un enorme impacto económico e no tecido empresarial nun país cun pronunciado carácter periférico. As peaxes influirán moi negativamente na competitividade das empresas galegas.
Eólicos lesivos para o territorio galego
A viceportavoz salientou as numerosas mobilizacións que se están a producir contra os proxectos de parques eólicos que ameazan espazos de enorme valor ambiental, ecolóxico e patrimonial.
O BNG defenderá outro modelo eólico, a través dunha proposición non de le,i que inclúe un deseño dun novo plan sectorial que cunha clara aposta polas enerxías renovables nun proceso de transición enerxética que deixe atrás os combustibles fósiles e que produza riqueza en Galiza e non só beneficios para un único oligopolio eléctrico.




















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



