Viveiro, 24 de maio de 2021. O Concello de Viveiro traballa dende hai anos a prol da oficialización do Camiño do Mar, xa que considera que acadar a oficialidade é de vital importancia para toda a comarca, ao tratarse dun novo recurso turístico que redundaría positivamente no turismo e economía da zona.
No marco deste labor de promoción da ruta, o goberno local acaba de poñer en marcha nos centros de educación infantil e primaria do municipio a actividade “Descubrindo o Camiño do Mar”. A iniciativa usará a ruta como ferramenta de aprendizaxe sostible e ademais incluirá a cartelería elaborada polo alumnado do CEIP Lois Tobío.
Alén desta nova actividade centrada nos centros educativos, o Concello de Viveiro desenvolveu numerosas iniciativas sobre este roteiro. Entre elas, está a ruta “Navega el Camino”, que este ano celebra a súa sexta edición, na que Viveiro participa dende os seus inicios.
Navega el Camino é un encontro que combina a tradición, a cultura e a gastronomía co deportivo e que ten como obxectivo impulsar a navegación a vela como unha forma de facer o Camiño de Santiago.
Outra das iniciativas mediante a que se está impulsando o Camiño do Mar é no traballo cos colexios, sobre este tema, a través da concellaría de Educación.
Neste sentido, o goberno local está impulsando a oficialización e colaborando coas actividades desenvoltas polos centros educativos, como é o caso do CEIP Lois Tobío, a través da cartelería creada polo colexio.
O Concello de Viveiro desexa contribuír a visibilizar todo o traballo que están a desenvolver durante este curso escolar os colexios sobre a ruta no programa de “Voz Natura” deste curso escolar, adicado aos camiños de Santiago con motivo do ano Xacobeo.
Na mesma liña, o Concello de Viveiro acaba de poñer en marcha nos centros de educación infantil e primaria do municipio a actividade “Descubrindo o Camiño do Mar”.
Este programa, que se desenvolverá nas vindeiras catro semanas, está dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º curso de Educación Primaria dos colexios: EEI San Roque, CEIP de Celeiro, CEIP Lois Tobío, Colexio Landro, CEIP de Covas e CEIP Santa Rita de Galdo .
A actividade ten como eixo a utilización do Camiño do Mar como ferramenta de aprendizaxe sostible co obxectivo de difundir o Camiño do Mar entre a poboación. Deste modo, promóvese a sensibilización e concienciación ambiental e cultural da comunidade educativa, así como a promoción da conservación do patrimonio material natural e inmaterial.
Arredor do Paseo polo Camiño do Mar, as nenas e nenos traballan aspectos como a importancia da biodiversidade do noso entorno, a necesidade do seu coidado e de manter os entornos naturais limpos, así como o coñecemento e a posta en valor da nosa contorna.
Finalmente, dende o Concello de Viveiro agradécese ao CEIP Lois Tobío e aos docentes do centro polo traballo realizado para a creación da cartelería, trípticos e pegatinas que contribúen a difundir o Camiño do Mar.























Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



