Carmen Conde protagoniza esta función na que as historias se encadean mentras a narradora debulla fabas. Mentres ela vai debagando historias con ese poder simbólico que ten “buscarse os feixóns” constrúe a aldea das mulleres con relatos das habitantes, que rexen o seu destino, teñen as súas leis, viven emancipadas e tallan en pedra ornamentada os seus nomes para a Historia. E como fío conductor unha legume chea de supersticións, maldita, cargada de ánimas, empregada para a xustiza, como afrodisíaco e como o único alimento para roer en tempos da fame. A cita é ás 19h na Praza do Concello.
Teatro en Trabada este sábado con “A aldea das mullleres”, de Tarabela Creativa
Teatro en Trabada este sábado con “A aldea das mullleres”, de Tarabela Creativa
Relacionado
-
Os días 17, 18 e 25 deste mes seguen as actividades de xeoturismo da Mancomunidade con visitas á Pontenova, Ribadeo e Trabada
-
A Vicepresidencia da Deputación leva a Trabada o contacontos “O misterio do tulipán” nas Letras Galegas
-
A Deputación apoiou ao Concello de Trabada para celebrar unha nova edición da Festa da Enfariñada