Viveiro, 6 de maio de 2021. O Concello de Viveiro presenta a súa programación para conmemorar o Día das Letras Galegas 2021, dedicado neste ano a Xela Arias. O programa impulsado polo goberno local pretende reivindicar a figura da escritora, así como a lingua galega, a través de actividades que involucran a todas as idades e adaptadas ás medidas sanitarias.
“Con esta programación queremos destacar a figura de Xela Arias, unha muller adiantada aos seus tempos, falando de temas tabú na súa época e comprometida co feminismo, o medio ambiente, a maternidade e por suposto a lingua galega”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.
O propio Día das Letras Galegas, o 17 de maio, o goberno local impulsa a acción colectiva “Orgullodeser”, animando á veciñanza a saír á rúa cos seus traxes tradicionais galegos ou a integrar algúns dos complementos da vestimenta tradicional na súa roupa cotiá. “Esperamos que a xente se sume a esta iniciativa, para mostrar o orgullo de nós mesmos e da nosa tradición”, engade a concelleira de Cultura.
“O Día das Letras Galegas é unha data de celebración para a nosa lingua, coa que o concello está moi comprometido. Esperamos que os veciños poidan gozar da programación deste ano, coa que reivindicamos a figura de Xela Arias e que adaptamos ao contexto sanitario actual”, explica María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
Entre o 14 e o 17 de maio, Viveiro acollerá a xincana cultural e familiar “Calexeando”. A información sobre a actividade estará dispoñible a partir do día 13 de maio na web: www.calexeando.com e as 100 primeiras persoas en completar a xincana recibirán un agasallo.
O venres 14 de maio, o obradoiro de canto coral do CMUS de Viveiro ofrecerá o concerto “Música e Letras”, na sala multiusos ás 20:30, mentres que o sábado 15 de maio, realizaranse dous contacontos. En primeiro lugar, “Senlleiras”, ás 12:00, na sala multiusos Pedro Brandariz. A continuación, o contacontos “Arredor de Xela” representarase ás 18:00 na sala multiusos Raquel Queizás. Cómpre reservar as entradas para asistir a estas actividades no teléfono: 654208333.
O Día das Letras Galegas, o 17 de mail, alén da acción colectiva “Orgullodeser”, David Bellas, artista e profesor do CMUS de Viveiro, interpretará o Himno de Galicia ás 12:30 no balcón da Biblioteca Municipal. Nesa mesma xornada, ás 13:00, o grupo infantil de gaitas “Bágoas da Terra” realizará un pasarrúas pola vila de Viveiro.
Por último, a obra de teatro “Dúo Vaguedades”, unha peza que pon en valor a lingua galega, pechará a programación. A función será o 22 de maio ás 19:00 e contará coa participación de Fran Rei e Isabel Risco. Para asistir á representación, cómpre reservar a entrada no teléfono 654208333.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



