O Concello organiza actividades o 23 de abril e días posteriores para fomentar a lectura entre a veciñanza, con propostas para público adulto e infantil
Burela, 20 de abril de 2026. O Concello de Burela celebra o Día do Libro cunha programación de actividades dirixidas a fomentar a lectura e a participación cidadá, con iniciativas pensadas para diferentes idades.
O 23 de abril, a Biblioteca Municipal acollerá unha mesa libre de intercambio de libros. As persoas asistentes poderán deixar, coller ou compartir exemplares, nunha proposta que está orientada a facilitar o acceso á lectura de maneira aberta.
No mesmo día, a Casa da Cultura será escenario dun taller de iniciación ao estampado téxtil, que terá lugar entre as 19:00 e as 20:30 horas. A actividade, impartida por Xogando nas Nubes, está dirixida á mocidade e persoas adultas, e permitirá ás persoas participantes estampar unha bolsa de tea para transportar libros. O taller conta con prazas limitadas e require inscrición previa na Biblioteca Municipal.
A programación continuará o venres cunha proposta destinada ao público infantil. Entre as 17:00 e as 19:00 horas, nos soportais da Praza de Abastos, desenvolverase un taller creativo a cargo da Aula Medioambiental Gaia, no que a cativada realizará a actividade ‘Dados de historias’.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez, indicou que “con esta programación buscamos achegar o libro e a lectura á veciñanza dun xeito participativo e atractivo, adaptado a diferentes idades”.
Dende o Concello animan á cidadanía a participar nas actividades programadas e a celebrar o Día do Libro arredor da lectura.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.


