Ribadeo, 3 de xuño de 2021. Esta mañá presentouse no Concello de Ribadeo a II Regata Copa Deputación de Lugo de Piragüismo que se celebrará este domingo, día 6, ás 15:30 horas na ría. Na cita participarán 193 palistas de 6 clubs. Está organizada polo Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, coa colaboración do Concello e da Área de Deportes da Deputación Provincial. No acto participaron: Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo; Mónica Freire, responsable da Área de Mocidade da Deputación; Jorge Díaz, concelleiro de Deportes; José Ángel Fernández, secretario do Club de Piragüismo Altruán; e Marcos Martínez, adestrador deste club.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, dixo: “en primeiro lugar agradecer ao Club Altruán, a todos os seus efectivos e aos seus colaboradores que aposten outra vez por facer unha regata así porque, independentemente de que vexo que por temas organizativos lles tocaba, dadas as circunstancias organizar algo hoxe en día é moi complexo. Aporta que se lle dá un carácter á ría que eu veño defendendo, que a ría ten moitas posibilidades, a pesar de que contamos co hándicap das mareas para moitos eventos, pero vexo que aínda así fan unha boa aposta porque un horario pola tarde, un domingo, dependendo da marea é complicado. Animamos a que se siga facendo isto. Todo o que estea nas nosas mans, o que poidamos facer e apoiar, aí estamos e seguiremos”.
O secretario do Club de Piragüismo Altruán, José Ángel Fernández, declarou que “presentamos o que vai ser este ano a segunda regata da Copa Deputación de Lugo de Piragüismo que por circunstancias de ciclo lle corresponde a Ribadeo organizar a proba como campionato provincial. Non é, polo tanto, unha edición máis das seis probas que constitúen a liga provincial e temos esta responsabilidade, que a súa vez é un verdadeiro pracer poder organizar na nosa vila o campionato provincial. Lembramos que estamos na once edición. Esta liga provincial foi no seu momento pioneira, foi a primeira liga provincial en Galicia e detrás deste esforzo que fixemos os seis clubs de pista da provincia viñeron todos os demais das catro provincias galegas. Son 193 palistas de seis clubs de Lugo, San Ciprián, Viveiro, Foz e Ribadeo. É unha participación nutrida”.
E engadiu: “o covid non nos afectou negativamente, é un deporte no que precisamente se lle deu moita saída aos rapaces nestes momentos tan complicados que tivemos que pasar”.
O adestrador Marcos Martínez sinalou que “todos aqueles que se queiran achegar a vela que o fagan a través da praia dos Bloques ou do paseo que vai cara ás Aceas para non coincidir cos deportistas, na zona da Vilavella, e estar separados público e deportistas”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



