Ribadeo, a 22 de xuño de 2021. Tal e como se pode consultar no Diario Oficial de Galicia(DOG) https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210622/AnuncioL451-140621-0001_gl.pdf – a Xunta de Galicia vén de aprobar o PEPRICH de Ribadeo que lle permite ao Concello axilizar os trámites urbanísticos do casco histórico. Deste xeito, segundo destaca o voceiro do Grupo Municipal Popular e tamén deputado autonómico, Daniel Vega, este Plan de protección e reforma interior de dita zona dá máis autonomía á entidade local.
“Cremos que, grazas á colaboración do Goberno galego, Ribadeo dá un paso importante á hora de facer xestións relacionadas co urbanismo da zona vella da vila. Esta era unha vella demanda da entidade local, polo que, unha vez máis, se pon de relevo que a Xunta de Galicia cumpre con Ribadeo, cumpre co Concello e cumpre cos ribadenses”.
Neste senso, Vega pon en valor “a vontade colaboradora” da administración autonómica, demostrando “unha gran sensibilidade coas necesidades que lle plantexamos desde Ribadeo”.
Con esta medida, a entidade local poderá desenvolver urbanisticamente as bolsas de chan existentes. Trátase, en definitiva, apunta Vega, ´”de mellorar o núcleo histórico, preservando o patrimonio que temos e de dotarnos da base legal necesaria para elo”. E é que, ata o de agora, o casco vello estaba regulado por un BIC (Ben de Interese Cultural), que limitaba a rehabilitación. “Revitalízase esta zona, respectando o noso pasado e o legado co que contamos dende a época medieval”, precisa.
Con todo, o voceiro popular advirte que o Concello deixou cinco bolsas de chan se incluír, polo que insta ao rexedor nacionalista a completar este proceso para “dotarnos da base xurídica necesaria e que se fai imprescindible para a rehabilitación do noso casco histórico”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



