Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2021. A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantiveron hoxe un encontro virtual con empresarios da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) no marco da rolda de contactos aberta pola Consellería de Emprego e Igualdade para explicar os pormenores da tramitación do 3º Plan de Rescate da Xunta, activado o pasado luns cos 234,4 milóns de euros de fondos asignados polo Estado a Galicia.
No mesmo, Toca deu resposta ás dúbidas sobre a tramitación e os requisitos dos novos apoios directos cuxo prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de xullo.
Tal e como constatou a directora xeral, é compromiso da Xunta que os apoios cheguen a cantas máis empresas mellor. O Goberno galego agarda poder acadar ás 66.000 firmas. Nesta liña, lembrou que a Administración autónomica prioriza no novo Plan ás persoas traballadoras autónomas e pequenas empresas, que supoñen un 97% do tecido empresarial galego, e ás que reserva 200 millóns de euros.
Unha das cuestións que suscitan máis inquedanza entre os solicitantes ten que ver co requisito previsto polo Estado no Real decreto-lei que regula os pagos e que obriga a que as axudas se destinen a financiar débedas pendentes. Tal e como subliñou Toca, este requisito, xunto coa cantidade de información fiscal que teñen que presentar os empresarios, está a dificultar a tramitación.
A directora xeral incidiu en que a Xunta non quere que ningunha empresa nin autónomo que poida xustificar a débeda se quede sen apoios. Na mesma liña, insistiu en que los 234,4 millóns de euros deben quedarse en Galicia e se non hai empresas que xustifiquen esa débeda, os cartos voltarían ao Ministerio de Hacienda.
Para evitalo, a Xunta está a facer interpretacións amplas da normativa estatal para que a totalidade das débedas adquiridas durante a pandemia, incluídos os préstamos formalizados, se poidan amortizar cos cartos do 3º plan de rescate.
Outro dos compromisos trasladados pasa por garantir a axilidade nos pagamentos. A Consellería de Emprego e Igualdade habilitou un procedemento para tramitar as axudas sen agardar a que remate o prazo. O obxectivo, ao igual que sucedera nos dous primeiros plans de rescate activados con fondos autonómicos, é que os cartos cheguen canto antes aos profesionais. Así, farase un adianto do 100% dos cartos no momento da solicitude e soamente coa presentación dunha declaración responsable. A empresa disporá despois de tres meses para aportar a documentación correspondente.
A xuntanza mantida hoxe pola representante da Xunta insírese na rolda de contactos informativos aberta pola Consellería de Emprego e Igualdade nos últimos días, co obxecto de poñer luz sobre dalgúns dos aspectos máis complexos do novo plan. Ao webinario de hoxe, sucederanlle nos próximos días novas xornadas virtuais nas que a Xunta outorgará asesoramento aos empresarios galegos por medio das patronais da Coruña, Ourense e Pontevedra.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



