Compostela, 9 de xuño, 2021. Esta segunda feira, ADEGA mantivo unha xornada de traballo coa Valedora do Pobo para reclamarlle amparo fronte á enxurrada de parques eólicos e en defensa do dereito da cidadanía ao medio ambiente e á información e participación pública. En nome dos colectivos e plataformas convocantes da recente mobilización en Compostela contra a desfeita eólica, ADEGA fíxolle entrega dun dosier no que se constata a situación de indefensión na que se atopa a veciñanza afectada e o medio ambiente, debido a unha planificación caduca e irracional.
Demandámoslle que por medio desta institución inste á Xunta de Galiza a paralisar a tramitación de máis parques eólicos mentres non se someta o Plano Sectorial Eólico á unha axeitada Avaliación Ambiental Estratéxica. Asemade, e polo que atinxe a normas como a Lei 5/2007 e a Lei 9/2021, solicitamos da Valedora que interveña para garantir a axeitada salvagarda dos dereitos de información e participación pública da cidadanía na tramitación dos proxectos eólicos.
Unha planificación eólica irracional e depredadora do ambiente
Arestora estanse a tramitar máis de 130 parques eólicos en Galiza que engadirán outros 10.000 MW a un territorio que xa exporta un terzo da electricidade que produce.
As transformacións e afeccións que estas instalacións están a provocar no territorio (paisaxe, auga, biodiversidade, etc.) e sobre os seus habitantes (ruído, interferenzas, expropiacións e servidumes, etc.) non teñen sido suficientemente avaliadas. Normas como a propia Lei Eólica de 2009, e as leis de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais de 2017 e a recente Lei de Simplificación Administrativa de 2021, facilitan cada vez máis ás empresas o desenvolvemento dos seus proxectos, en detrimento da participación pública e dos dereitos e intereses das comunidades afectadas.
Tanto en Galiza como no Estado a planificación eólica é caduca e foi orientada exclusivamente por criterios empresariais. No caso galego, o Plano Sectorial Eólico aprobado en 1997 e reformado en 2002, está tan desfasado que nen sequera considera a Rede Natura 2000, carece de zonas de exclusión e non pasou unha avaliación ambiental estratéxica. Polo que atinxe ao Estado, tampouco existe unha planificación para o desenvolvemento equilibrado e xusto das enerxías renovábeis que, máis aló de fomentar a produción, atenda ás características e necesidades do territorio e integre criterios de sustentabilidade e eficiencia.
Unhas leis que recurtan o dereito de participación da cidadanía en beneficio das eléctricas
O desenvolvemento eólico pasado e presente tampouco garantíu o dereito ao acceso e á participación pública da sociedade galega. O vixente Plano Sectorial Eólico non foi sometido ao procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica consonte á Lei 21/2013, vulnerando portanto a obriga de someter a determinados planos e programas a este trámite como establecen as Directivas 2011/92/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 13 de decembro de 2011, relativa a avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente. (DOUE L 26 /1 de 28.01.2012); Directiva 2003/35/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de maio de 2003, pola que se establecen medidas para a participación do público na elaboración de determinados plans e programas relacionados co medio ambiente e pola que se modifican, no que se refire a participación do público ó acceso a xustiza, as Directivas 85/337/CE e 96/61/CE do Consello.
Xa que logo, non existiu participación pública na avaliación deste Plano sectorial Eólico, limitándose esta aos prazos de exposición pública dos proxectos eólicos por separado. A este respeito, normas como a Lei 5/2017 de Fomento de implantación de iniciativas empresariais, alcumada “lei de depredación”, a recente Lei 9/2021 de simplificación administrativa dificultan aínda máis o dereito á información e á participación pública da cidadanía na tramitación dos proxectos eólicos ao colapsar determinados trámites e reducir prazos de exposición, mesmo eximíndoos destes, alén de considerarse prevalente o interese público desas instalacións sobre calquera outro interese público que aleguen os afectados.
Iniciativas da Valedora sobre a desfeita eólica
Como resultado da xuntanza, na que estivo presente o presidente de ADEGA, Roi Cuba, a Valedora do Pobo confirmounos que xa ten aberta unha investigación de oficio á raíz de denuncias da veciñanza polos abusos das eólicas (distancias ás casas, perdas agrogandeiras, expropiacións…). A equipa da Valedora acolleu con interese e preocupación as demandas de ADEGA e confirmou a admisión a trámite da nosa queixa e a súa vontade de analizar a situación actual, por se esta impide facer efectivos os dereitos á protección do medio ambiente, participación cidadá e información pública.
Dende ADEGA agradecemos a implicación da Valedora do Pobo nesta causa, un conflito ambiental e social que fixeron patente milleiros de persoas na manifestación do pasado día 5 de xuño contra a invasión eólica.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



