De súpeto morreu Alfonso Paz-Andrade, transitando a contorna dos seus 80 anos, despois de facer moitas cousas boas a prol da lingua, da cultura e da economía deste seu, deste noso País, malia que nos seus últimos anos enfrontase problemas xudiciais que non foron nunca resolvidos a medio dunha sentenza definitiva pola súa morte accidental. Porén, o relatorio definitivo de feitos probados amosou a súa falla de participación na lea da conspiración delitiva do presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa Faro.
Probábelmente-e vai ser éste a única e razoada crítica ao finado Paz-Andrade neste artigo- Alfonso nunca chegou interiorizar a remuda das regras de xogo entre unha empresa cotizada no mercado de capitais e unha empresa partillada entre distintos socios e grupos familiares que non cotiza na Bolsa. Non se lle pode referir máis nada.
Mais, sen deixar Pescanova, cómpre lembrar ao Paz-Andrade de 2006, que rexeita a ofensiva de Fernández de Sousa contra o goberno de coalición BNG-PSOE por mor do desaquelado proxecto deste a respecto da factoría acuícola de Touriñán, logo fracasada na localidade portuguesa de Mira. Custándolle este enfrontamento a súa privilexiada posición na empresa, probábelmente. Ou a súa diplomacía a prol de Pescanova (aquel que non ten nin tiña Fernández de Sousa) para acadar recursos pesqueiros no mundo todo, nomeadamente na África.
Porque co seu sorriso, dende a súa galeguidade, dende a súa cultura local e universal e co seu xorne liberal Alfonso abriu portas para Pescanova. Mais tamén para o noso país, Galicia. Velaí a súa achega de tantos anos á revista Industrias Pesqueras que fundou o seu pai, D. Valentín. E o seu esforzo que definiu a conversión de Vigo como capital galega e europea da pesca á fronte da World Fishing Exhibition.
Trabúcanse os que pensn que Paz-Andrade non desenvolveu proxectos empresariais liderados maioritariamente por él propio. Velaí a súa empresa Ibercisa Deck Machinery que, como nos lembra o profesor da USC Gonzalo Rodríguez, naceu da expansión da flota pesqueira galega da mán de Pescanova, mais que con 25 M€/ano de facturación, é hoxendía unha empresa dirixida aos mercados internacionais líder en maquinaria naval de cuberta. Creada, desenvolvida e dirixida dende Galicia.
Alfonso, ademáis, contribuiu con todos os seus esforzos, dende proxectos como as Fundacións Castelao ou Neira Vilas, dende o Museo do Pobo Galego e dende moitos outros lugares a afortalar a nosa cultura e normalizar a nosa lingua.
Un País como Galicia non pode esquecer e ha sempre recoñecer o labor de Alfonso Paz-Andrade, como lembra e recoñece o labor do seu pai, D. Valentín.
















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



