Parafraseo para o título unha cita repetida na campaña de Clinton contra Bush no 1992, “the economy, stupid”, como chamada de atención, mais sabendo que todo na vida é importante, por máis que haxa cousas máis importantes ca outras. Aínda así, hai cousas nas que podemos intervir dun xeito máis doado, que están máis á nosa man, ou que nos afectan dun xeito máis coñecido ou patente, e que, polo tanto, requiren dunha atención relativa maior. Este podería ser o caso do transporte.
De cara ó futuro, o transporte vai ligado á enerxía, mais non só: non é o mesmo a idea de transporte nunha gran cidade que nunha vila de poucos milleiros de habitantes, e menos aínda nunha zona rural de lugares illados.
Por poñer un caso: non contemplarán do mesmo xeito o cobro por uso de estradas un madrileño que xa hai moito fixo contas e viu que non lle compensaba ter coche para meterse en atascos (e non ter onde aparcar) nun Madrid ben comunicado con calquera parte de España, e cun transporte público que mal que ben vai cumprindo a súa misión, que un ribadense nun concello onde se queres ir á Coruña ou Santiago é mellor que collas o coche ou pagues unha estancia para pasar a noite alí porque sinxelamente hai días sen servizo de transporte público, e cando o hai, implica aterse a uns horarios que fan imposible unha xestión dun día. Ou se queres desprazarte a unha aldea e logo volver ó pobo. Así que, en Ribadeo, e non é dos peores lugares, nada de transporte público colectivo máis cómodo por non ter que preocuparte de conducir, e barato, e máis, moito máis, de custe individual (pero tamén social), contaminación aínda que quede difuminada no entorno, nivel de entrada (cartos e/ou carnet), etc… Menos servizo comunitario, menos posibilidade de relación e máis dependencia dos recursos individuais.
Nada que ver entre unha zona e outra, e iso que Ribadeo pobo, repito, non é unha zona especialmente desfavorecida en Galicia. Mentres, salvo en escasas decisións a parte do león en tempo de estudo e dedicación, ou en cartos, lévana as zonas urbanas. Atención, que non digo que estean sempre mal empregados eses recursos, nin que non sexan necesarios, nin aínda que en relación a algúns criterios non se ateñan á proporcionalidade. Digo que eses recursos escasean na zona rural. É dicir, a distribución dos recursos públicos (ou sexa, comunitarios xestionados polas institucións públicas) é unha cuestión de prioridades na que o campo non sae demasiado ben parado, mentres en consecuencia segue o despoboamento, increméntase a diferencia de riqueza medida segundo os patróns tradicionais, etc.
E así, mentres as cidades pensan xa na descarbonización ou están entrando no futuro experimentando con autobuses autónomos eléctricos, e os gobernos -que sempre se establecen en cidades- están a pensar en penalizar o uso das estradas ou o consumo de combustibles, as zonas afastadas ou con predominio rural viven a anguria da falta progresiva de comunicación a pesar de ser cada vez máis cara para elas. A comunicación telemática tamén, pero en xeral é máis visible no transporte. Algo que foi o pistoletazo de saída das revoltas dos chalecos amarelos en Francia e que en calquera momento pode disparar as protestas en terras máis achegadas. Porque mentres non sexamos capaces de facer comprender a quenes deciden que o abandono dunha grande parte do territorio, aínda con menos poboación, significa unha perda para todos -económica, demográfica, cultural…- seguiremos a ter menos liñas de autobús ou aínda menos de tren e a depender cada vez máis dos nosos propios medios de locomoción privada, illándonos do resto da xente e territorio, sendo cada vez menos comunidade.
A inversión en melloras e adaptacións do sistema de transportes públicos son parte das necesidades de transformación cara a un mundo sostible, e non só para enfrontármonos ó cambio climático, senón tamén para aproveitar mellor os recursos, parar o despoboamento rural ou sinxelamente, posibilitar a vida no e do campo.
















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



