Viveiro, 18 de xuño de 2021. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, celebrou hoxe a finalización da obra do novo Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) de Viveiro, co que o Goberno cumpre unha demanda de 30 anos da comarca da Mariña. José Miñones comprobou o resultado deste investimento de 844.325 euros sobre unha parcela cedida polo Concello xunto coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; e o director provincial do INSS, Juan José Rodríguez Gude. Para eles tivo palabras de felicitación, pola teima amosada para que este proxecto, longamente agardado, fora, por fin, unha realidade.
O novo edificio, que foi recepcionado onte, substituirá ao actual CAISS ubicado na planta baixa da Casa do Mar de Celeiro, onde comparte as instalacións con outros servizos do Estado e da Xunta. O delegado do Goberno lembrou que por estas instalacións pasaron nos últimos dous anos máis de 20.000 persoas que agora verán mellorada a atención cun “edificio diáfano, accesible e cunha superficie de 400 metros cadrados”, na liña da traballo do Goberno de garantir o acceso á xestión das prestacións. “Nun momento como o actual, é prioritario facilitar estos trámites por tódalas canles posibles”, indicou, engadindo que na provincia de Lugo, “só en maio a Seguridade Social aboou máis de 38.000 pensións por xubilación, viuvez ou incapacidade, e o Ingreso Mínimo Vital chegou a 4.671 lucenses”.
O delegado do Goberno indicou que estes investimentos permiten avanzar cara á cohesión territorial, que conforma, xunto coa cohesión social, a transición ecolóxica, a transformación dixital, e a igualdade de xénero os eixes estratéxicos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. A cohesión territorial nace do “convencemento de que calquera cidadán, con independencia de onde resida, debe ter as mesmas oportunidades para estudiar, para traballar e para relacionarse coas administracións”, explicou José Miñones.
Xunto co novo CAISS, o Goberno promove outras actuacións na Mariña para avanzar nesta modernización sostible, dixital, e cohesionada. O delegado citou, entre outras accións, a extensión da banda ancha de altas prestacións a través do Plan PEBA. No caso de Viveiro, a última convocatoria deste Plan do Goberno permitirá ampliar este servizo imprescindible a 83 entidades de poboación deste Concello nos próximos meses dentro do proxecto aprobado para a provincia de Lugo e que mobiliza 7,5 millóns de euros.
Por outra banda, a zona rural de Viveiro tamén se esta beneficiando do plan da empresa Correos polo que os carteiros que prestan servizo nestas áreas posibilitan aos cidadáns realizar xestións como pago de recibos, que ata agora só se prestaban nas oficinas.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



