Lourenzá, 10 de xuño de 2021. O Concello de Lourenzá vén de realizar obras de mellora en varias estradas das parroquias de Santo Tomé e San Adriano. Os traballos consistiron na mellora do firme, que era de rego asfáltico e substituíuse por outro de aglomerado en quente. Ademais das melloras no pavimento a obra tamén inclúe o pintado das marcas viarias continuas e descontinuas desas vías.
As actuacións leváronse a cabo nas seguintes vías: Camiño da Igrexa de San Adriano a Chacote, de Chacote a Liñares e de Carballal a Camiño A. Estas obras están financiadas con cargo ao Plan Único da Deputación de 2020 e o seu importe ascende a 145.190 euros.
A alcaldesa, Rocío López, explica que son “unhas vías moi transitadas diariamente, tanto por peóns como por vehículos, polo que optamos por melloralas con aglomerado en quente xa que é moito máis resistente e ten unha maior durabilidade no tempo”
Rocío López destaca que “esta intervención é un paso máis nese proxecto para as infraestruturas do rural que temos por diante de cara á mellora dos servizos aos cidadáns que viven nel”.

























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



