Viveiro, 9 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro atópase á espera da reunión solicitada para poder falar co director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal.
“Viveiro necesita o PXOM, é unha ferramenta imprescindible e primordial para o desenvolvemento do concello en diferentes eidos, como o urbanístico e o industrial; é unha opinión consensuada entre todos os grupos da corporación e espero avances a curto prazo”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
A AXI é a única administración da que o concello ten pendente o establecemento dunhas directrices para poder continuar coa tramitación do PXOM, tendo en conta que hai certa incertidume e falta dun criterio claro para poder seguir avanzando
Dende o Concello de Viveiro faise partícipes a todos os grupos municipais neste asunto e destaca o consenso por parte de todos os voceiros sobre a necesidade de celebrar esta reunión coa AXI.
Esta xuntanza, que foi solicitada hai case dous meses e sobre a que insistiuse en diversas ocasións, é fundamental. O PXOM é determinante para o desenvolvemento do Concello de Viveiro, polo que non cesará no traballo e esforzos necesarios para poder aprobalo, tendo en conta que se trata dunha normativa fundamental tanto para o desenvolvemento industrial como para que o municipio poida seguir crecendo en todos os ámbitos.
A alcaldesa de Viveiro confía en que esta reunión sexa convocada canto antes e que, nesa xuntanza, á que asistiría o equipo de goberno, os voceiros municipais e o equipo redactor do PXOM, se poidan resolver as cuestións que permitan seguir traballando para a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, un planeamento esencial para que Viveiro poida seguir medrando.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



