Riotorto, 24 de xuño de 2021. O Voceiro Socialista de Riotorto, José García denunciou hoxe que dous operarios do Concello de Riotorto personáronse hoxe no seu domicilio particular para cortar o aceso á auga na súa vivenda particular.
O pasado mes de abril Jose García recibiu unha notificación da Alcaldía no que se lle requiría que subsanara deficiencias relacionadas co contador da súa vivenda. Con data 7 de maio, José García presentou as alegacións a este escrito explicando que estaba ao corrente dos pagos da auga no seu domicilio, aportando a documentación correspondente. Ademais explicou que na súa vivenda non existen dúas tubeiras do entronque da auga, tal como afirma que o Concello, senón que hai unha tubeira conectada á casa sen contador pero sen servicio, e que se instalou no seu día por si nalgún momento se realizaba un enganche a unha traída particular,realizada polos propios veciños de Espasande de Abaixo.
O Concello volveu a contestar a este escrito, con data 11 de maio, cun informe asinado polo secretario no que se di, no punto 1: existe una ordenanza reguladora de taxa pola prestación deste servizo do subministro de auga, onde só se regulan as cantidades a pagar polo mesmo. Non existe un regulamento onde se establezan por exemplo as características dos contadores para instalalos.
García cualifica estes feitos como un autentico atropello e unha persecución política cara a súa persoa. “O mesmo Alcalde presentou outro escrito na Deputación para preguntar por unhas obras que non realicei na miña vivenda”, insistiu. “O pasado mes de novembro denuncie, acompañada da secretaria provincial do PSdeG, Patricia Otero, o proceso selectivo da contratación da muller do alcalde no Concello. E vou seguir traballando e denunciando todas e cada unha das cacicadas que vexa no Concello de Riotorto”, replicou.
“Por iso dende aquí quero anunciarlle ao Alcalde, que me cortou a auga, pero aínda no me cortou nin un milímetro das gañas de seguir traballando polo meu Concello, xunto coa miña veciñanza. Insisto, vou a seguir denunciando todas e cada unha das súas irregularidades, caia quen caia. As actitudes ditatoriais remataron con franquismo, pero en Riotorto parece que aínda están moi presentes”, resumiu.




















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



