Lugo 9 de xuño de 2021. A área de Medio Rural, Mar e Mocidade colabora na posta en marcha da plataforma de venda en liña de produtos agroalimentarios “Son de Lugo”, a primeira que aglutina pequenos produtores das distintas comarcas da provincia d de Lugo.
A web, accesible desde hoxe para a venda en sondelugo.com, presentouse esta mañá nos Xardíns do Pazo de San Marcos, nun acto no que participaron a deputada Mónica Freire e representantes das trece firmas que se sumaron á iniciativa nesta primeira fase.
A deputada agradeceu aos produtores e produtoras “o seu compromiso e dispoñibilidade para emprender este proxecto en común que xurdiu durante a pandemia polas propias necesidades que as asociacións agrogandeiras formularon á área de Medio Rural”
“O afundimento dos prezos pola falla de demandar por parte da hostelería e restauración fixo urxente buscar unha ferramenta que “pretende que o valor engadido e a calidade diferenciada e contrastada dos produtos repercuta nos produtores e produtoras e asegura unha vida digna no rural”, sostivo a responsable da área de Medio Rural, que contribuíu á posta en marcha da iniciativa con asesoramento técnico e que dará apoio e soporte económico a súa difusión.
Mónica Freire subliñou que “se trata dun proxecto aberto a gandeirías e producións agrícolas de calidade e animou aos produtores e produtores que conten cun produto de calidade a valorar a súa incorporación á plataforma, unha iniciativa que nace con vocación de perdurar no tempo e que estamos seguras de que será exitosa”.
Producións de calidade de todas as comarcas
A web ofrece unha selección de produtos das distintas comarcas: queixos das denominacións de orixe Arzúa-Ulloa de Arqueixal, en Palas de Rei, e San Simón da Costa, da firma vilalbesa Don Gabino; viño da denominación de orixe Ribeira Sacra, da adega Proencia de Proendos, en Sober. legumes e fabas de indicación xeográfica protexida de Lourenzá da cooperativa Terras da Mariña; carne de Tenreira Galega Suprema da cooperativa A Carqueixa dos Ancares, carne de porco celta e poldro de cabalo de Pura Raza Galega de Céltico, un produtor de Muras.
Tamén se poderán mercar botelos, androllas e outros embutidos da Montaña de Lugo elaborados por Embutidos Suarna; a pescada de Celeiro capturada con artes respectuosas co ecosistema mariño de Novomar e outros froitos do Cantábrico, con especial atención ao comezo da costeira do bonito de O Almacén do Peixa, marca comercializadora de Peixes Orol de Burela.
O catálogo de Son de Lugo complétano Milhulloa, que desde Palas de Rei produce en ecolóxico grelos deshidratados, herbas para infusións, especias e oleatos, e Muuholla, a marca de cosmética resultante da asociación das palenses Milhulloa e da monterrosina Granxa Maruxa, unha explotación familiar de lácteos ecolóxicos. Nos vindieiros días, tamén estarán dispoñibles para a venda en liña os produtos de horta da empresa riotortense Terras de Miranda.
A plataforma permite facer facer unha compra completa como se sinala na propia web – “será como ir de feira a golpe de clic” -, nun único envío nun máximo de dez 10 días e sen gastos de envío a partir de 56 euros de compra. Son de Lugo chegou a un acordo con Seur para a distribución, con especial atención aos alimentos que precisen refrixerado como a carne, o pescado o os lácteos.
O coordinador do proxecto Román Sánchez, xerente da cooperativa ancaresa A Carqueixa, cunha exitosa experiencia na comercialización en liña da súa produción a través da web O Sabor dos Ancares, explicou na presentación que “o que diferenza Son de Lugo, fronte a outras plataformas de produtos, é a importancia que lles damos ás persoas que viven no rural. Aglutinamos proxectos innovadores, afinacados na terra, que axudan a cambiar a visión do rural e que tamén axudan a cambiar a visiíon do rural. Dase como inexorable a súa morte e temos que demostrar que hai moita vida e moito futuro nelas”.
Ferramenta para o relevo xeracional e o fomento da venda directa aos consumidores
A presentación nos Xardíns do Pazo de San Marcos tamén serviu para coñecer as valoracións da inciativa por parte dos produtores e produtoras presentes no acto. Pepe Cuadrado, da cooperativa Terras da Mariña, que reúne quince produtores e produtoras de fabas da IXP Faba de Lourenzá, valorou a plataforma como “unha oportunidade para avanzar en materias pendentes para o sector primario como son a visibilidade e os medios para chegar aos clientes finais”. Sinalou tamén que “temos unha media de idade no campo demasiado alta e botamos de menos xente nova que aposte nel, cremos que iniciativas deste tipo animaná xente a producir e quedar no rural”, sinalou.
Pola súa banda, Mª Carmen Sánchez, de Embutidos Suarna, sinalou que Son de Lugo lles da a oportunidade “de introducirse na venda en liña, unha opción que viñamos barallando pero que viamos moi complicada para afrontar desde unha empresa pequena”. “A plataforma abriranos portas para conseguir máis vendas e, se as temos, teremos tamén máis xente traballando, o que axudará a afianzar as familias no rural”, concluíu.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



