Viveiro, 10 de xullo, 2021. Por segunda vez, queremos agradecer a vosa paciencia tras dous anos de esforzo e sufrimento para saír adiante nesta situación tan dura para todo o mundo. Sodes o mellor público posible. E é por iso que, como xa sabedes, o Resurrection Fest Estrela Galicia 2022 contará cun día completo extra que será gratis para todo o mundo que tiña un abono de 3 ou 4 días como premio por gardar as súas entradas tanto tempo e confiar en nós.
Ademais, hoxe traémosvos o cartel do festival para 2022. A maioría de bandas seguen no cartel, e gozaremos dunha cabeceira incrible: Avenged Sevenfold (data única en España e unha das poucas actuacións en Europa o ano que vén), KoRn (único festival en España), Judas Priest – 50 years (celebrando os seus 50 anos como un dos referentes do heavy metal), Deftones e Sabaton (coa maior produción que tiveron nunca en España), quen será os encargados de encabezar os cinco días de festival, xunto con outras bandas como Bring Me The Horizon cunha gran produción, Rise Against (único festival en España), Bullet For My Valentine ou Opeth, que tamén brillarán con luz propia.
Heaven Shall Burn, Sepultura, Jinjer, Rise of the Northstar, Spiritbox, Caliban, Dagoba, Beyond The Black, Eskimo Callboy, Our Hollow Our Home, e Deadly Apples mantéñense no escenario principal, mentres recupérase a Crossfaith e engádese a Alien Weaponry. Pechando a warm-up tamén teremos a Bleed From Within e Serrabulho e por último Hamlet, Vita Imana, Skunk D. F., Onza, Free City e Bolu2 Death tamén actuaránno escenario principal.
Nos escenarios temáticos contaremos con grandes artistas, como sempre. No noso Ritual Stage contaremos con Dark Funeral, Decapitated, Bloodbath, Sylosis, Angelus Apatrida, Vomitory, Enforced, Infected Rain, Neaera, Benighted, Master Boot Record, Dead Label, Gaerea ou As Everything Unfolds.
No noso Chaos Stage, escenario de hardcore e punk, gozaremos de Madball, Lionheart, Raised Fist, Knocked Loose, Morning Again, Moscow Death Brigade, Doyle, Employed to Serve, Belvedere, Svalbard, Misconduct, A Armada, Blowfuse, Ruxe Ruxe e True Mountains, entre outros.
Por último no noso Desert, volven Amenra co seu incrible espectáculo, o carismático Nergal con Me And That Man, And So I Watch You From Afar, Toundra presentando o seu novo disco ao grande, Planet of Zeus, Torche, My Sleeping Karma, The Picturebooks, Celeste, O Altar do Holocausto, Adrift, Regarde Lles Hommes Tomber, Frutería Toñi e Chris Masuak cos seus Viveiro Wave Riders Association. Non haberá descanso para o pescozo!
Á súa vez, teremos case todos os artistas nacionais do ano pasado e algunha nova incorporación, deixando un cartel incrible tras dous Podedes consultar a nosa lista ao completo aquí:






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



