Barreiros, 30 de xullo de 2020. O Concello de Barreiros vén de recibir a notificación de Augas de Galicia na que se resolve a concesión da subvención -por un importe de 10.871,18€- solicitada polo goberno municipal para a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración ao abeiro dos fondos REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2024.
O orzamento presentado desde o consistorio ascende a 13.588,98 € que inclúen as obras a executar e a redacción do proxecto para as mesmas, do que o 80% será finanzado e o 20% a cargo de fondos propios municipais.
A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que “o proxecto porase en marcha dentro das actuacións de impulso da eficiencia e de utilización sostible das enerxías en relación co medio natural e a protección do medio ambiente relacionado co abastecemento de augas que vén desenvolvendo o goberno municipal, mellorando os servizos e avanzando no cumprimento das normativas e obxectivos de desenvolvemento sustentables europeos.”
Os traballos a realizar consistirán na instalación dun sistema de dosificación e control en continuo coa instalación dun panel de cloración completo, un sistema de precloración mediante a instalación dun contador de impulsos e un sistema de telemetría.
A concelleira de saúde pública, Montse Porteiro, explica que as actuacións que se levarán a cabo “permitirán ao persoal do servizo de augas controlar en tempo real o estado de todos os depósitos. Isto, ademais da anticipación ás avarías, permitirá un enorme aforro de combustible e beneficio ambiental, a xeración dunha gran cantidade de datos para estudos de consumos e grazas a iso poder realizar predicións.”
Con este investimentos renovaranse os equipos actuais, permitindo a adecuación destes depósitos para poder ver en tempo real o estado de diferentes parámetros mediante a implementación de telemetría e monitoraxe asociada.
O goberno municipal valora positivamente a posibilidade de acceder a este tipo de fondos que contribúen a acadar os obxectivos sinalados no Plan de acción para o clima e a enerxía sostible elaborado no 2020.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



