Aínda que por tradición sempre foi máis celebrada a festividade de San Roque, dende o goberno municipal quérese facer unha mención especial a esta data e desexar unha boa xornada aos seus veciños e veciñas. Por segundo ano consecutivo, como consecuencia da pandemia, este ano tampouco se poderá celebrar esta festividade coa tradicional celebración relixiosa que se adoita a facer coa presenza da corporación municipal.
![Este sábado, 3 de xullo, celébrase Santo Tomás, que xunto con San Roque son os patróns de Viveiro](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2021/07/viveiro-wikipedia.jpg)