A Coruña, 17 de xullo de 2021. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou que Galicia percibirá un total de 1.055,26 millóns de euros recollidos no Plan Estratéxico para a aplicación da nova Política Agraria Común destinados a financiar as intervencións de desenvolvemento rural no territorio no período 2021-2027.
O delegado do Goberno sinalou que a nova PAC será “máis xusta, máis social e máis sostible” co obxectivo principal de que os agricultores e gandeiros poidan facer fronte ao desafío do cambio climático e do medio ambiente, mantendo a rendibilidade das súas explotacións nun escenario de certeza ata 2027.
José Miñones destacou que foi o Goberno de España o que logrou a incorporación por primeira vez da perspectiva de xénero nesta importante política comunitaria, o que permite establecer importes adicionais para impulsar o papel das mulleres nas actividades agrarias, tanto nas axudas directas como nas medidas de desenvolvemento rural. “Esta será unha das claves, xunto á substitución xeracional, para asegurar o futuro da actividade, traballar polo seu desenvolvemento económico e manter a poboación no rural”, subliñou o delegado do Goberno.
Para facilitar a substitución xeracional destinaranse máis de 140 millóns de euros anuais, que equivale ao 3% do orzamento das axudas directas (primeiro piar). Delas, polo menos o 2% irá á axuda complementaria á renda para novos agricultores (40 anos ou menos) e o outro 1% procede das medidas de desenvolvemento rural para a instalación de novos agricultores.
Así mesmo, José Miñones lembrou que a nova PAC terá un marcado enfoque ambiental, xa que máis do 40% do seu orzamento, 47.724 millóns de euros para para o período 2021-2027 no caso de España, destinaranse ao desenvolvemento dunha agricultura e gandería máis respectuosas co clima e o medio ambiente, facendo un uso sostible dos recursos naturais.
Neste punto, os ecoesquemas son unha das grandes novidades desta PAC e implican a realización dunha serie de procedementos voluntarios remunerados que contribúan favorablemente ao clima e ao medio ambiente como, por exemplo, prácticas para aumentar o contido en carbono orgánico dos chans, o mantemento dos pastos ou as rotacións de cultivo con especies mellorantes.
Así mesmo, o delegado do Goberno subliñou que as axudas directas vinculadas á produción (pagos asociados), ás que se destinará máis do 14% das axudas directas, “aplicaranse a sectores vulnerables desde o punto de vista social e económico, como os gandeiros, en especial, ao extensivo ou ao de produción láctea, o que resulta moi relevante para a nosa comunidade autónoma”. Case todas as liñas verán incrementados os seus orzamentos respecto aos do período 2014-2020.
José Miñones destacou, ademais, que “o pago redistributivo contribuirá a lograr unha PAC máis xusta e máis social, beneficiando especialmente ás explotacións medianas e pequenas de España, en xeral, e de Galicia, en particular”.
DESENVOLVEMENTO RURAL
O delegado do Goberno sinalou que Galicia percibirá 1.055,26 millóns de euros recollidos no Plan Estratéxico para a aplicación da nova PAC para financiar as intervencións de desenvolvemento rural no territorio nestes sete anos.
Desa cantidade, 836,7 millóns de euros corresponden ao Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (FEADER), aos que se suman 76,96 millóns de euros de reforzo do FEADER a través de Next Generation EU asignados para 2021 e 2022. Isto supón un aumento do 2,7% fronte ao período 2014-2020.
Pola súa banda, o cofinanciamento da Administración Xeral do Estado para o próximo período elévase a 141,6 millóns de euros.
Así, o delegado do Goberno sinalou que “estamos ante unha nova PAC na que destaca o equilibrio entre a sostibilidade de agricultores e gandeiros e o coidado medioambiental, o impulso á incorporación da mocidade e das mulleres, e o apoio ás explotacións que crean emprego e dinamizan a contorna rural”.




















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



