Foz, 12 de xullo de 2021. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo unha reunión de traballo coa Policía Local, na que deu a benvida aos dous novos axentes que se incorporaron esta fin de semana. Polo tanto agora conta con 8 efectivos. “En período de prácticas, estes funcionarios supoñen un importante reforzo durante o verán, pasando a formar parte definitiva da plantilla unha vez rematada a súa formación”, explicou o rexedor municipal.
Fran Cajoto destacou que “a recuperación das baixas por xubilación era moi necesaria: polo tamaño de Foz e pola poboación que recibimos en verán. Deste xeito recuperamos o servizo de mañás e de tardes, de luns a domingo”.
Na reunión “tamén se trataron temas moi importantes, como a programación de saídas para o control do ocio nocturno, a formación para o manexo do sonómetro recentemente adquirido ou a chegada dun etilómetro, co que se pretende desde a Policía Local evitar o consumo de alcohol ao volante e tamén dar unha ferramenta moi necesaria para a investigación de accidentes. Vamos ser moi estritos porque a situación actual obriga máis ca nunca”, indicou o alcalde. Ademais apela “á responsabilidade de todas e todos, sobre todo cunha incidencia de COVID á alza. Debemos evitar condutas incívicas como os botellóns, cando é evidente que non se poden facer, e accións de vandalismo. Coidar o pobo e a nosa saúde é cousa de todos”, rematou Cajoto.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



