Lugo, 29 de xuño de 2021. A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, visitou Monterroso con militantes e simpatizantes do BNG, onde reclamaron á Xunta de Galiza que manteña o profesorado do IES de Monterroso, que contará con cinco profesores menos para o vindeiro curso. Olalla Rodil afirmou que “esta situación estase a repetir noutros centros de ensino de Lugo, o que demostra que o Partido Popular non aprendeu nada da pandemia”.
O BNG defende que a Xunta de Galiza que manteña o profesorado de todos os centros afectados. Olalla Rodil afirmou que “o incremento de profesorado e a redución do número de estudantes por aula demostrou que mellora a calidade educativa e permite que o estudantado obteña mellores resultados e mellora as condicións laborais do profesorado”. Para Olalla Rodil, “é preciso reforzar so servizos públicos no rural para garantir que se fixe a poboación”.
Segundo as estimacións realizadas pola CIG, os recortes no ensino público irán máis alá do reforzo de persoal contratado pola COVID-19, e poderían supoñer unha reducción do 4% con respecto ao 2019-20, o curso previo á crise sanitaria. Olalla Rodil destacou que “a situación sanitaria para o vindeiro curso é incerta, e fará moi complexo que se poidan cumprir os protocolos da Xunta de Galiza para garantir a seguridade nas aulas”.
Recortes nos centros de ensino
Olalla Rodil criticou os recortes que a Consellería de Educación planifica para os distintos centros de ensino de Lugo. Rodil destacou casos como o Fontem Albei da Fonsagrada, que perderá catro docentes, o Virxe do Monte de Cospeito, que perderá dous ou o Pedregal de Irimia de Meira, que perderá un docente.
Centro de Saúde
A deputada do BNG reclamou tamén que o Servizo Galego de Saúde cubra a praza de pediatría do centro de saúde de Monterroso, que actualmente se atopa deserta ao estar a titular de vacacións. Olalla Rodil criticou que o PP manteña sen cubrir esta praza, que presta servizo tamén aos concellos limítrofes (Antas de Ulla, Portomarín e Taboada).
“As veciñas e veciños ven como se cancelan as citas médicas para facer seguimento de fillas e fillos ou para cumprir coa planificación de vacinación”, explicou Olalla Rodil, que engadiu “non pode ser que a xente teña que facer esforzos heróicos por vivir no rural, hai que garantir o acceso a servizos públicos de calidade”.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



