A Fonsagrada, 8 de xullo de 2021. Que o Bloque poucas veces acerta á hora de xulgar os proxectos importantes para os galegos é un feito histórico dende que cualificou de “navallada a Galicia” á autopista do Atlántico. Algún exemplo do indicado está aínda moi recente. Nesa liña hai que encadrar, sinala o portavoz popular, Javier Castiñeira, o escaso interese demostrado polo BNG na reactivación do proxecto da Gran Senda do Navia, impulso que é unha iniciativa do PP, fronte á que os nacionalistas se abstiveron na Deputación e acaban de votar en contra en A Fonsagrada.
Castiñeira sinala: “Vimos de saber polo PP de A Fonsagrada que o BNG fonsagradino está máis do lado de Galiza Nova e de rachar co Xacobeo que de apoiar iniciativas de turismo sostible como a proposta popular de reactivar o proxecto da Gran Senda do Navia, con fondos europeos de recuperación e resiliencia. É unha idea exposta polo Grupo Provincial do Partido Popular, que a levou ao pleno da Deputación de Lugo e que moitas agrupacións dos concellos afectados tamén levaron a debate. Pretendemos que o impulso á Gran Senda do Navia tamén se aborde no Congreso e no Senado”. O portavoz popular indica que “o BNG provincial abstívose no pleno da Deputación; aínda que non mostrou moito apoio a este proxecto non chegou a votar en contra, como fixeron os nacionalistas en A Fonsagrada”.
Castiñeira indica que, no día de hoxe, os populares volveron “ao Navia, en A Fonsagrada, para demostrar o noso compromiso coa Gran Senda do Navia, para deixar claro que o Partido Popular cre neste proxecto fronte ao escaso interese nel dos socialistas e nacionalistas lucenses. Socialistas e nacionalistas son incapaces de impulsar ningún proxecto para o rural galego; demostran día a día moi pouco interese por atraer fondos Next Generation á provincia”. Adianta que “o PP non vai cesar neste empeño; é un proxecto moi importante para sete concellos da montaña lucense, porque crearía sinerxías turísticas que son moi necesarias. Non apoiar este proxecto ou votar en contra, como fixo o BNG de A Fonsagrada, é un despropósito”.
A iniciativa da creación da Gran Senda do Navia partiu da sociedade civil e conta co respaldo dos 16 concellos, sete lucenses e nove asturianos, polos que descorrerá a ruta, así como do Principado e a Deputación Provincial de Lugo. En 2018 foi presentado ao Goberno. Os concellos lucenses polos que descorrerá son os de Pedrafita, Becerreá, Navia de Suarna, As Nogais, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Cervantes; descorre, polo tanto, polo ámbito do xeodestino de Os Ancares, e terá unha lonxitude total de máis de 400 quilómetros e o orzamento estimado inicialmente é de 4,2 millóns de euros. Este proxecto durme nun caixón dende que en 2018 foi presentado ao Goberno para a súa declaración de interese xeral e a posterior inclusión na Red de Caminos Naturales.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



