Ribadeo, 26 de agosto de 2021. Acisa segue colaborando cos eventos deportivos organizados por entidades locais.
A asociación participou días atrás na entrega de trofeos de dúas citas deportivas organizadas por entidades locais, concretamente no Torneo Amizade do Ribadeo FC e no que venceu ao Andés, e na Semana Náutica do RCNR co X Trofeo Cruceiro Local Acisa Ribadeo.
Á entrega destes trofeos asistiu en representación de Acisa o seu xerente, Jesús Pérez, que declarou: “estamos muy orgullosos de que entidades tan relevantes como el Ribadeo FC y el Real Club Náutico de Ribadeo quieran contar con nuestra colaboración en sus eventos. Debemos destacar la importancia que, desde Acisa, creemos que tienen estas actividades a la hora de generar movimiento económico, ya que son atractivas para vecinos y visitantes, que animan a la gente a salir de casa, a disfrutar del comercio y de la hostelería de Ribadeo y por tanto siempre repercuten de forma positiva en la economía local”.
E engadiu que “después de un año y medio de parálisis, estamos encantado de volver a colaborar con las entidades deportivas que atraen visitantes, que además este año han sido los primeros de una serie de eventos que contarán con nuestro apoyo, en pro de potenciar las visitas a Ribadeo fuera de la temporada turística más fuerte, que es el verano”.
Mercado de Rúa
Acisa Ribadeo organiza unha nova edición do seu Mercado de Rúa que se celebrará os días 27, 28 e 29 de agosto. A asociación de comerciantes ribadense sacará os produtos á rúa con grandes descontos a última fin de semana de agosto. Con esta iniciativa pretende animar as compras na despedida do verán e a piques de dar comezo o novo curso escolar.
Os establecementos participantes son: La Moda Joven, Julia Moda Infantil, Platería Gutié, Opticalia, Joyería Azabache, Anais, Pequerrechos, R23, For Friends, La Coqueta, Naná, Ginzo Hombre Mujer, Adele, Deportes Docobo, Saia, Glass, Farfala Kids, Brétema by Trece Eventos y Mika.
Francisco Iriarte, presidente de Acisa, considera que “sin duda este fin de semana, vecinos y visitantes tienen una cita con Ribadeo. Creo que no hay mejor plan que venir, dar un paseo por nuestras calles, ver los descuentos y promociones del comercio, hacer las últimas compras del verano y de paso disfrutar de nuestras terrazas, tomando algo al mediodía y quedándose a comer y a cenar para degustar nuestra maravillosa gastronomía”.























A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


