Ribadeo, a 14 de agosto de 2021.- O portavoz do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, sinala que “despois de moito tempo de reclamacións dos veciños, a Deputación actúa por fin na estrada de Vilela”. Trátase dunha estrada de titularidade provincial que “pasa polo entorno do colexio público e do campo de fútbol servindo de conexión fundamental entre a vila e o rural”, segundo explica o populares
Vega explica que “os veciños levan moito tempo reclamando o seu arranxo” e, polo tanto, “quérolles agradecer o seu traballo que fixo posible o recente anuncio da Deputación para a mellora desta vía sobre a que o goberno local do BNG se mantivo pasivo sen escoitar as demandas dos veciños afectados. Foi o noso Grupo Municipal o que, despois de reunirse cos veciños e escoitar as súas demandas, presentou ante o pleno da corporación municipal distintas iniciativas “para instar á Deputación a investir nesta e outras estradas provinciais no noso municipio”.
“Tamén quero agradecer o traballo do portavoz do Grupo Provincial Popular, Javier Castiñeira, que se achegou ao municipio en varias ocasións e que deu traslado deste tema ante o pleno da corporación provincial”, dixo Vega.
Investimento tamén para as estradas do rural
O popular asegura que “seguiremos reivindicando melloras nas infraestruturas viarias da Deputación que comunican as parroquias do rural ou a zona da costa e que se atopan moi abandonadas”. É o caso da estrada de Santalla, a da Devesa ou a de Arante, por exemplo. “Seguiremos esixindo que se invista nas estradas da Deputación que temos no noso concello”, conclúe.




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



