Ribadeo, 8 de agosto de 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, destaca a colaboración coa asociación A Sucadoira que recibe 10.000 bolsas financiadas pola Xunta de Galicia para a promoción dos produtos locais e que tamén contan con deseño ribadense. “Estas bolsas supoñen un vínculo de unión entre produtor e consumidor; ademais de contribuír a amosar unha imaxe unificada da marca ‘Horta de Ribadeo’”.
O popular recoñece a labor da asociación A Sucadoira como impulsora da marca ‘A horta de Ribadeo’. Tamén destaca Vega que “grazas á Sucadoira e o traballo da consellería da Xunta de Galicia hoxe podemos comercializar a planta e a semente do pemento de Piñeira que conta cunha propia IXP”. Tamén destaca “a importancia de comezar a traballar a terra para plantar a faba” amparada pola IXP Faba de Lourenzá en toda a comarca da Mariña. “Son moitos outros os produtos de calidade, coma a cebola, os que venden no mercado dos domingos e no mercado dos mércores, un espazo para a relación directa entre produtor e consumidor”, apunta.
Vega sinala que “o Grupo Municipal Popular leva tempo traballando co colectivo en apoio á súa labor por impulsar o sector hortícola local do que coñecemos o seu glorioso pasado e que cremos que ten un futuro moi importante”. Así mesmo, lembra que “xa fai tempo xestionamos orzamento para dotar aos produtores e vendedores de vestiario con marca única e de deseño tamén único feito no noso municipio, en Ribadeo”.
Finalmente, o popular pon en valor “a formación a través da Escola de Pedro Murias como base para o relevo xeracional do sector” e asegura que “continuaremos apoiando á asociación e as súas iniciativas porque cremos que é necesario impulsar o noso sector primario e, concretamente, a horta de Ribadeo”.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



