Ribadeo, 4 de agosto de 2021. O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, fíxolle entrega a Juan Ignacio Vijande Martínez dunha tarxeta por valor de 150 euros como gañador dun dos premios dos días azuis do comercio galego, campaña organizada pola Federación Galega de Comercio e á que a asociación se adheriu.
Iriarte indicou: “hoxe facémoslle entrega desta tarxeta de 150 euros a Juan Ignacio, por ter sido un dos gañadores da campaña Días Azuis do Comercio Galego, organizada pola Federación Galega de Comercio en colaboración coa Xunta de Galicia e a que nós dende Acisa nos unimos. A alegría é dobre, non so porque unha desas tarxetas que se sorteaban caera en Ribadeo si non porque ademais foi entregada por un socio de Acisa: Gestión de Sistemas Eléctricos Ribadeo”.
O presidente de Acisa dixo: “estamos moi contentos de que un ribadense leve para a súa casa esta tarxeta de 150 euros para gastar en calquera negocio do comercio local”.
Iriarte Quintana fixo tamén unha valoración da situación actual de Ribadeo: “dende Acisa Ribadeo queremos destacar que a nosa localidade vai pasiño a pasiño, agora estamos nunha situación epidemiolóxica mellor. En Ribadeo os casos positivos están baixando e todo parece indicar nos atopamos nunha situación mellor que a de hai unha semana. Estamos tamén mellor que outras zonas da comarca, que por desgraza están sendo golpeadas con mais foza nesta quinta baga. Por iso, aínda que mantendo a prudencia e a responsabilidade, dicímoslle á xente que Ribadeo sigue sendo un lugar seguro para desfrutar e para visitar”.
Pola súa banda o xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou: “queremos seguir facendo un chamamento á Xunta de Galicia para que teña en conta o dano económico que está a ocasionar esta situación. Estamos a falar con moitos hostaleiros do noso municipio, é certo que Ribadeo ten unhas boas cifras turísticas, pero ollo porque iso non quer dicir que teñamos unhas boas cifras de consumo, nin en comercio nin especialmente en hostalería. Seguimos denunciando os problemas que lles están a ocasionar aos hostaleiros estas medias restritivas, perdendo moitos clientes e tendo que sufrir agresións verbais, criticas en webs turísticas… por culpa dunhas normas aleatorias, no sentido de que nuns concellos aplícanse e noutros non. No noso caso con maior gravidade, xa que os propios hostaleiros estannos a dicir de moitos clientes que se despiden deles e dinlles que se van para outros sitios nos que non se pide ningún certificado”.
Pérez Prada sinalou: “gustaríame acabar mostrando o apoio publico da asociación aos negocios que cumpren coa normativa, que a pesar de non seren policías paréceno e están a sufrir insultos, vexacións … por cumprir o que a lei di. E gustaríame por tanto tamén pedirlle paciencia, sentidiño e educación aos veciños e veciñas de Ribadeo e especialmente aos visitantes, xa que o único que están a facer os donos ou empregados dos negocios é cumprir coa lei. Ademais cando un sae de viaxe, en plena pandemia, debe informarse ben de todas as normativas en vigor en cada momento”.
Desde Acisa presidente e xerente fan unha chamada de atención: “pedímoslles a todos os negocios que cumpran coas normativas en vigor en cada momento, xa que de non ser así poden ser obxecto de importantes sancións. Temos que destacar que os socios de Acisa cumpren escrupulosamente coas normas, quizais porque as coñecen á perfección grazas ao noso asesoramento ou simplemente por responsabilidade. E polo tanto facemos un chamamento para que as forzas e corpos de seguridade de Ribadeo, vixíen con maior atención a aqueles establecementos que se ve claramente que non cumpren coas normativas marcadas polo nivel alto de restricións no que nos atopamos. É polo ben de todas e todos”.
E lembraron que “as normas non as pon Acisa Ribadeo. A xestión da pandemia en Galicia así como as normativas que se aplican sobre a hostalería e o comercio son competencia da Xunta e non das asociacións empresariais”.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



