Lourenzá, 20 de agosto de 2021. O Concello de Lourenzá e a asociación Patrimonio Laurentino organizan unha xornada dedicada á pintora Julia Minguillón, artista que estivo moi vinculada ao municipio. Será o día 28 deste mes, sábado, ás 18:00 horas no mosteiro de San Salvador, onde haberá unha charla na que intervirán a directora do Museo Provincial de Lugo, a museóloga Aurelia Balseiro García, e María Fidalgo Casares, que é doutora en Historia do Arte e membro da Academia Andaluza de Historia. O aforo é limitado e para asistir hai que reservar entrada a través do correo patrimonio.laurentino@gmail.com ou vía whatsapp ao teléfono 649.28.17.91. Tamén haberá outras medidas covid, como o uso obrigatorio de máscara e de xel.
Ademais desde esta fin de semana ata o sábado 28 exporanse reproducións de obras de Julia Minguillón nas fachadas de vivendas e nas rúas de Lourenzá.
As actividades foron presentadas hoxe, venres, en Vilanova de Lourenzá, concretamente diante da casa na que residiu Julia Minguillón. No acto participaron a alcaldesa, Rocío López; a concelleira Mercedes Dengra; a presidenta e a tesoureira da asociación Patrimonio Laurentino, Remedios Gallo e Fina González; e a autora do cartel do evento, a deseñadora laurentina Codés Lillo.
A rexedora municipal anunciou que con esta xornada dedicada a Julia Minguillón “trátase de poñer en valor e de dar a coñecer a súa obra, que é moi extensa e moita dela está centrada aquí, en Lourenzá. Sabemos que pintou moitos cadros relacionados coa nosa vila e facemos esta xornada en colaboración coa asociación Patrimonio Laurentino agora, cando se cumpren 80 anos do Premio Nacional de Belas Artes concedido a Julia Minguillón polo seu cadro sobre a escola de Doloriñas, do barrio de Villapol, pertencente ao concello de Lourenzá”.
E Remedios Gallo explicou que Julia Minguillón “naceu en Lugo, pasou a súa infancia en Lourenzá, onde su pai exercía de boticario, ata a súa adolescencia, cando foi estudar a Valladolid e Burgos, pero a súa familia continuou residindo en Vilanova e ela viña visitalos a miúdo. Cando sucedeu a Guerra Civil regresou a Lourenzá, estivo vivindo aquí uns anos e daba paseos desde a vila ata Villapol e A Cazolga, onde descubriu a escola de Doloriñas (a mestra Dolores Chaves), que está no barrio de Villapol; entón decidiu pintar esa escena e creou esa gran obra, A escola de Doloriñas. Este cadro participou en exposicións internacionais moi importantes: en Berlín, Venecia, Río de Janeiro, … Pertence actualmente ao Reina Sofía, pero está cedido ao Museo Provincial de Lugo. Ela pintou moitos cadros en Lourenzá pero tamén en Lugo”.
A presidenta de Patrimonio Laurentino engadiu que pretenden “destacar a súa obra e por este motivo a asociación quere dala a coñecer, non só aos veciños senón tamén aos visitantes e peregrinos. Por iso exporemos reproducións de obras dela nas fachadas das casas e nas rúas desde esta fin de semana ata o día 28”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



