Ribadeo, 5 de agosto de 2021. O Concello de Ribadeo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organiza Soa Forte, un ciclo de concertos que se desenvolverá os domingos de agosto no Forte de San Damián. Arrinca o día 8 con Roma e seguirá con Beetle Judge, Remakers e Astra.
A edil de Cultura, Pilar Otero, explicou que “Soa Forte é un ciclo de concertos que pretende aproveitar e pór en valor o forte de San Damián, á parte de como sitio expositivo ou mostra de arquitectura militar, como lugar onde escoitar música. O ciclo que hoxe presentamos ocupará os domingos de agosto ás 20.30 horas, co público sentado e gardando o resto das medidas anti covid 19”.
A concelleira ribadense contou que “este domingo actúa Roma, unha banda de pop-rock, proxecto persoal de dous irmáns logo de tocar coas mellores orquestras e influídos por Leiva, Quique González, Andrés Suárez ou Dani Fernández”.
Otero Cabarcos seguiu a relatar que “o segundo grupo que teremos ocasión de escoitar, ben coñecido por todos os ribadenses, o domingo 15 de agosto é Beetle Judge, unha banda de rock and roll nacida en 1997 en Ribadeo, con moita presenza de temas propios e onde xa se podían observar influencias de Alice in Chains ou Monster Magnet.
Pronto Jose Carlos Diaz ofrécelles gravar unha maqueta e a partir de aquí unha serie de acontecementos fan que se lle abran moitas portas. Vencen no concurso dos 40 Principais en Oviedo e gravan o seu primeiro disco coa discográfica avilesina Norte y Sur Records. A partir deste momento xiran pola xeografía do Estado e chegan a seren abre cancelas de grupos como Los Suaves ou Siniestro Total. No 2001 presentan un ep auto editado, Lagoon,con 5 temas propios e unha versión de Motorhead. Despois de varios anos de parón creativo o estilo cambia cara á madurez, con máis contundencia aínda nas letras e no son. A súa última aparición foi en 2014 para o peche da mítica sala de concertos ribadense Mini Bar”.
A concelleira de Cultura engadiu que “a partir desta data algúns membros formaron outros proxectos como Remakers, ZoraGabbara ou Prisco y Cherry. Sorprendentemente a principios de 2020 o grupo retoma a actividade gravando un ep, A walkby the clouds, incorporando na guitarra rítmica a David Caba. No verán de 2009 músicos ribadenses de bandas veteranas como BeetleJudge, Mallory,
ZoraGabbara, Amigos de lo Ajeno e distintos proxectos musicais únense nunha idea paralela. Simplemente por pura diversión e pracer nace Remakers, a formación que actuará o domingo 22 de agosto. En 2013 auto editan Semillas, distribuído por Inquedanzas sonoras. O disco contén 7 cortes, 6 deles orixinais máis unha versión en castelán do grupo JoyDivision. Remakers pon son persoal a Queen,The Sweet, Pearl Jam, DefLeppard ou Black Crowes, todo co seu sinal de identidade, temas propios con bases contundentes, xogos de guitarras acústicas e eléctricas e coidadas harmonizacións vocálicas. A banda, que está formada por Fran García, Pablo Feijoo, Fillo, Roberto Martínez e Cherry, descarga o seu potente directo en festivais como Osa do Mar, Arreaocabo ou Unirock. A principios de 2019 sacan o seu segundo disco, Sueños y otras pesadillas, máis introspectivo e experimental”.
Soa Forte rematará o 28 de agosto: “finalmente, o último domingo de agosto actúa ASTRA. Astra é un grupo musical formado polos ponteses Carla Alvariño Fernández e Víctor Leal Bouza. Estes presentan o seu primeiro traballo discográfico Andrómeda, formado por dez temas que xiran en torno ao pop-rock. Ademáis, tamén apostan por algunhas versións de cancións actuais, seguindo en constante busca do seu estilo propio”.
Pilar Otero manifestou que “xunto aos grupos terá o seu oco o colectivo artístico multidisciplinar As Vacas Fracas.Os seus compoñentes dispoñen dun background en formación artística, deseño e fotografía, que serviu como base para asentar e consolidar a súa paixón e vinculación coas artes plásticas. A formación multidisciplinar dos seus integrantes permítelles crear obras diversas, que teñen como obxectivo crear e comunicar a través dunha estética abstracta con guiños figurativos, que espera transmitir sentimentos e paixóns encontradas cos seus espectadores”.
Para a concelleira de Cultura “está claro que os domingos de agosto non temos ningunha desculpa para non acudir ao forte de San Damián. Escoitaredes música, disfrutaredes do espazo, seguro que o pasaremos moi ben”.
E subliñou que “este ciclo que denominamos Soa Forte, xogando co tema do son da música e co lugar tan emblemático, o forte de San Damián, está organizado polo Concello de Ribadeo e conta coa inestimable axuda da Deputación de Lugo, a través da Vicepresidencia”.
Na presentación do ciclo participaron Mónica Freire, en representación da Vicepresidencia da Deputación de Lugo; Abel Pérez, de Mialma Producióis; e Pilar Otero, concelleira de Cultura.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



