Ribadeo, 21 de xullo, 2026. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo colabora coa cuarta edición do Vendaval Fest, que se celebra na vila os días 24 e 25 de xullo.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “establecementos asociados a Acisa ofrecerán descontos especiais os días 24 e 25 de xullo aos asistentes á cuarta edición do Vendaval fest. Esta é unha actividade da nosa asociación en colaboración cos organizadores deste festival. Participan comercios e locais de hostalaría con diferentes descontos e prezos especiais”.
O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, contou que “con motivo desta nova edición do Vendaval Fest, o equipo organizador do festival propúxonos repetir esta actividade na que se implican os negocios locais e polo tanto benefícianse da esperada chegada de moitos asistentes. A proposta pareceunos interesante, xa que é unha boa forma de que o apoio que dende Acisa ofrecemos ao Vendaval Fest se vexa compensada coa posibilidade de que os asistentes ao festival realicen os seus gastos nos establecementos asociados ao noso colectivo”.
Pérez Prada engadiu que “para beneficiarse destas promocións especiais estes días, so é necesario posuír a pulseira de acceso ao festival e ensinala á hora de pagar, e así o negocio aplicará o desconto ou promoción á compra ou consumición realizadas”.
A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo agradeceu aos organizadores do Vendaval Fest “que quixeran contar con nos como colaboradores un ano máis e que ademais buscasen unha forma para involucrar ao tecido empresarial co seu festival. Estas son as fórmulas e os eventos que nos gustan en Acisa e que, sempre que sexa posible, seguiremos apoiando. Para nós os importantes son os nosos asociados e asociadas, as empresas ribadenses e todas as actividades culturais, lúdicas ou deportivas que lles repercutan de xeito positivo”.
Desde a asociación Catro Caños, organizadora do Vendaval Fest, indicaron: “queremos agradecer que dende o principio Acisa apoiou este proxecto, e sobre todo estamos encantados de poder colaborar mediante este sistema de descontos, que vincula e une o comercio e hostalaría nun fin de semana de música e actividades na vila”.
Presentaron a campaña Arturo Iglesias e Roi Fernández, da asociación Catro Canos, xunto á presidenta de Acisa, Carmen Cruzado.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



