Ribadeo, 31 de agosto de 2021. Este domingo, 5 de setembro, celébrase no estadio municipal Pepe Barrera o Trofeo Acisa Festas Patronais entre o Ribadeo FC e o Viveiro CF, que servirá para conmemorar estas datas tan especiais. O evento esta organizado polo Ribadeo FC xunto con Acisa. O derbi mariñá terá lugar as 18:00 horas.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, anunciou que “este domingo, 5 de setembro, temos todos unha cita co fútbol as 18:00 horas para ver o derbi mariñá que disputarán o Ribadeo FC. e o Viveiro CF no estadio municipal Pepe Barrera. A apertura de billeteiras será as 16:30 horas e a entrada terá un custe de 8 euros”.
Pérez Prada dixo: “queremos dende Acisa agradecer ao Ribadeo FC que pensara en nos para poder levar acabo este trofeo especial, conmemorativo das festas patronais da vila, que como é sabido non se van poder celebrar como de costume por mor da pandemia. Dende Acisa pareceunos unha boa iniciativa, non so como recordo das festas, se non como un evento que pode xerar ese dia un interesante movemento económico, xa que un Ribadeo-Viveiro, sempre foi un partido que mobiliza ambas afeccións. Tamén agradecer ao Concello de Ribadeo como patrocinador polos seus traballos de mantemento do campo. Os trofeos a entregar serán da colección da nosa asociación deseñados por Sargadelos ”.
Pola súa banda o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, indicou que “a dito evento están invitados a asistir as principais autoridades locais. Esperamos poder encher o estadio de afeccionados de ambos equipos, dentro do aforo permitido. Trátase dun domingo as seis da tarde polo que para os nosos veciños e veciñas de Viveiro é unha oportunidade de vir pola maña, desfrutar dos nosos comercios abertos, saborear a nosa gastronomía comendo nalgún dos nosos restaurantes, dar un paseo vendo Ribadeo ou incluso poden realizar algunha das actividades enmarcadas no Ribadeo4x4, coorganizado co Concello no marco do SetembroXNatural, e as 18:00 horas achegarse e vibrar co mellor fútbol. E se aínda teñen tempo desfrutar da nosa hostaleira tomando algo para celebrar o resultado e quizais quedarse a cenar”.
O xerente de Acisa agradece “ao CCH de Viveiro a súa colaboración na visibilización deste evento, xa que tanto Acisa como a asociación viveirense imos sortear tres entradas a través das nosas redes, así que moi atentos todos e todas a elas”.
I TRIANGULAR ACISA RIBADEO
Francisco Iriarte engadiu que “a pasada fin de semana Acisa colaborou noutro evento deportivo, o I Triangular Acisa, que foi organizado pola SD Ribadeo, á que lles queremos dar as grazas por pensar en nos para este evento, especialmente á súa presidenta. Pouco a pouco recuperamos a normalidade e pouco a pouco pódense celebrar diferentes eventos, que son sen dúbida motor xerador de actividade económica para a nosa vila”. Jesús Pérez foi o encargado de entregar os premios xunto á presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide.























Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



