Sober, 30 de setembro de 2021. Trece establecementos de turismo rural da provincia de Lugo participan ata finais de ano na 15ª edición da campaña Outono Gastronómico, impulsada pola Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia.
O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, presentou hoxe a iniciativa nun dos negocios participantes, a Casa Grande de Rosende (Sober), onde salientou que esta campaña constitúe unha aposta polos produtos turísticos galegos máis consolidados, deseñada para dinamizar a demanda turística despois da época estival. O programa está vixente as fins de semana desde o 17 de setembro ata o 19 de decembro.
Na provincia de Lugo, as casas rurais adscritas son Finca Goleta (Foz), Finca O Bizarro (Trabada), Casa Norita (Lourenzá), Longarela (Castroverde), A Fervenza (O Corgo), A Lareira (As Nogais), Casa Caxigueiro (Sarria), Casa do Romualdo (Taboada), Casa Vilamor (O Saviñao), Rectoral de Castillón e Casa dos Muros (Pantón), Ferrería de Rugando (Quiroga) e a Casa Grande de Rosende.
O programa ofrece diferentes propostas que inclúen a posibilidade de pernoctar e desfrutar de menús concibidos en exclusiva para esta ocasión. Así, pódese desde degustar unha cea co Menú Outono Gastronómico ata pasar unha unha fin de semana no establecemento elixido (Paquete ou Fin de Semana Outono Gastronómico).
Tamén se ofrece o Outono Plus, co que algunhas das casas participantes porán á disposición dos seus clientes outras actividades complementarias á restauración e o aloxamento, como paseos a cabalo, rafting, sendeirismo ou visitas culturais. Toda a información sobre a campaña, os 73 establecementos adheridos no conxunto de Galicia e as distintas modalidades pode consultarse na web de Turismo de Galicia.
Como novidade, todos os negocios participantes inclúen nos seus menús produtos galegos con certificación de calidade avalados pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural.
Este organismo organiza durante a campaña degustacións e actividades relacionadas co coñecemento dos provedores, que serán gratuítas e exclusivas para os clientes do Outono Gastronómico aloxados nas casas participantes.
Outra das novidades desta edición é o programa de fidelización denominado OuBono Gastronómico, un carné co que os clientes que contraten dúas Fins de Semana Outono Gastronómico recibirán outra gratuíta, dentro dun cupo de 25 bonos que se entregarán por rigorosa orde de recepción en Turismo de Galicia.























Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



