Barreiros, venres 11 setembro 2021. Esta semana iniciáronse as obras de renovación da rede de abastecemento de auga a Remior. Esta rede que tiña preto de 50 anos de antigüidade atopábase nun estado lamentable, con continuas roturas ao estar feita con materiais obsoletos como é o fibrocemento. “A zona de Remior, onde hai varias explotacións gandeiras e a zona costeira que soportou nos últimos anos unha elevada presión urbanística precisaban dunha renovación total da rede de abastecemento de auga potable, por iso acometemos esta obra que era moi demandada tamén pola veciñanza” explicou a concelleira de Augas, Montserrat Porteiro, que no día de hoxe visitou as obras xunto co alcalde en funcións Antonio Veiga.
Mellora da calidade do servizo e aforro nos arranxos de fugas
Esta obra que conta cun orzamento de preto de 200.000€ é financiada nun 80% pola Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, poñendo o Concello de Barreiros o 20% restante, en virtude do convenio asinado no seu día entre a deputada de Medio Rural Mónica Freire e a alcaldesa Ana Ermida.
A nova canalización discorrerá pola marxe esquerda da estrada provincial LU-P-0602 ao longo de 2,3Km e os traballos, adxudicados á empresa Adecom prolongaranse durante todo o mes de setembro.
Esta actuación mellorará notablemente a calidade do servizo de abastecemento e suporá un aforro importante para o concello no arranxo de fugas. “Con este importante investimento imos dar solución a un problema que se arrastraba desde moitos anos atrás” afirmou Antonio Veiga.
Desde o Concello de Barreiros comunican tamén que ao ser obras de importancia, na súa execución poden provocar pequenas molestias no abastecemento de auga nalgunhas zonas, polo que piden desculpas por adiantado, pois son obras necesarias para acometer as melloras, obras que se pospuxeron para setembro dado que en época estival a execución resultaría mais complicada.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



