Ribadeo, 6 de setembro de 2021. O Concello de Ribadeo asinou hoxe os convenios para a concesión de subvencións nominativas a once clubs deportivos. O montante ascende a preto de 46.000 euros. O acto, celebrado no salón de plenos do Concello, contou coa presenza do alcalde, Fernando Suárez, do concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e do técnico de Deportes, Iván López.
O edil de Deportes explicou que “desde a Área de Deportes vimos de asinar o convenio das subvencións nominativas a once clubs de distintas especialidades que corresponden a 2021. Este ano, a cantidade global para estes once clubs é de 45.900 euros, case de 46.000 euros de subvencións nominativas. Hai que recalcar tamén que hai outra bolsa, xa que hai clubs que non entraron por distintas cuestións, de 5.500 euros que van a concorrencia ou a eventos. Esa sería outra liña que hai que sumar á cantidade total deste ano para todas as subvencións deportivas”.
O concelleiro ribadense considera que “é unha cantidade interesante, unha aposta como sempre do Concello polo deporte e por apoiar a estes clubs que todos os anos fan ese esforzo, día tras día, para que os nenos e nenas poidan desenrolar o deporte e competir, que non é o principal pero está nesa liña. De todas estas axudas nominativas poden pedir un anticipo do 80% e o outro 20% cando estea xustificada a subvención”.
Jorge Díaz Freije engadiu que “hai uns prazos así que dicirlles aos clubs que miren ben o convenio e se hai algunha dúbida teñen na Concellaría de Deportes e en Intervención aos técnicos a disposición deles. A ver se este ano se vai normalizando un pouco a actividade deportiva para que todos os clubs poidan desfrutar e competir como se viña facendo ata antes do covid. Pedimos, ante todo, moita prudencia tanto en adestramentos como en competición atendendo sempre ás normas sanitarias”.
O concelleiro de Deportes subliñou que “un ano máis o Concello segue apostando por estas entidades que o están a facer ben dentro das posibilidades e queremos darlles a noraboa para seguir con este traballo e dicirlles que o Concello vai continuar apoiando todas as iniciativas deportivas”.




























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



