Viveiro, 8 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro informa que esta fin de semana, os días 10, 11 e 12 de setembro, celebrarase ao III Rallye Mariña Lucense, que discorre polos concellos de Cervo, Xove, Muras, O Vicedo e Viveiro. A proba conta co apoio e a colaboración do Concello de Viveiro, quen esta mañá ultimou o dispositivo de seguridade da competición.
O Concello de Viveiro será a sede deste rally e tamén o lugar no que se instalarán o parque de traballo, ubicado en Lavandeiras, Celeiro, e o parque de verificacion técnica, instalado en Covas, non habendo ningún tramo de competición en vías do municipio.
No día de hoxe, tivo lugar en Viveiro a xunta de seguridade convocada pola Subdelegación do Goberno, en relación co dispositivo de seguridade do rallye. Nesta reunión de traballo asistiron en representación do concello a Alcaldesa, María Loureiro; o 1º Tenente de Alcalde, Jesús Fernández; o concelleiro de Deportes, César Iglesias; e os xefes da Policía Local e de Protección Civil.
Neste sentido, cabe sinalar que por parte do Concello de Viveiro, co fin de garantir a seguridade e bo desenvolvemento do evento reforzaranse os servizos da Policía Local durante a celebración do rallye. Deste modo, intensificaranse a vixilancia e control do tráfico nas vías que fan de enlace entre os tramos cronometrados e establecendo controis estáticos e controis de alcohol.
O Concello de Viveiro informa ademais que con motivo do rallye, o aparcamento da piscina permanecerá pechado, polo que só se poderá acceder ás instalación de forma peonil e con cita previa. Esta circunstancia afecta tanto á piscina como ao ximnasio.
Gran parte dos corredores do rallye e do persoal de traballo vinculado ao mesmo hospédanse en Viveiro, o que supón un importante impulso para o sector do turismo, especialmente afectado pola crise derivada da pandemia.
“Dende o Concello de Viveiro apostamos por esta competición dende a súa primeira edición. O noso municipio é a súa sede e o seu centro neurálxico, o que supón un atractivo para a gran afección a este deporte no noso municipio e un incremento do noso turismo”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



