Barreiros, 26 de outubro de 2021. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e a presidenta da Asociación de Persoas con Discapacidade A Mariña – COGAMI, Emma Camaño, veñen de asinar na mañá de hoxe un convenio para a realización de talleres para persoas con capacidades diferentes, coordinados desde a área de servizos sociais do concello barreirense.
A alcaldesa explicou que “a pesar de que vimos de pasar un ano e medio no que as actividades comunitarias ou colectivas se viron freadas en seco, desde o goberno municipal traballamos durante este tempo para que, no momento en que fose posible, este tipo de accións se levasen a cabo; axudando a que as persoas, con independencia de onde vivan, teñan acceso aos servizos. Por iso, estes talleres de suma importancia para lograr a integración das persoas se poden iniciar desde o mesmo momento en que se produce a volta a certa normalidade”, asegurou.
Segundo expuxo a presidenta da asociación, “este tipo de talleres de actividades asistenciais da vida diaria en comunidade pretenden promover a autonomía persoal no medio rural contando con actuacións específicas dirixidas ás persoas con discapacidade, buscando acercar as accións á persoa con discapacidade e tendo en conta a situación da contorna onde se desenvolve persoal e socialmente co gallo de conseguir o máis completo desenvolvemento do seu potencial físico, psicolóxico e social, consonte aos seus desexos e plans de vida.”
A concelleira de Servizos Sociais, Carmen Veiga, manifestou que “estas actividades asistenciais de terapia ocupacional están dirixidas a facilitar e potenciar o benestar físico e social e a adquisición de maiores cotas de independencia e autonomía persoal por parte de as persoas con discapacidade do concello de Barreiros; conseguindo o máis completo desenvolvemento do potencial físico, psicolóxico e social”.
A alcaldesa agradeceu á asociación COGAMI A Mariña a disposición que amosou para achegar este tipo de actividades a Barreiros de xeito que se comeza a traballar en colaboración cos servizos sociais municipais con persoas que precisan unha atención específica e ás que “as administracións públicas debemos dar ferramentas para integrarse completamente na comunidade.”























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



