Ribadeo, 16 de outubro de 2021. Daniel Vega vén de ser proclamado único candidato á presidencia do PP de Ribadeo polo Comité Organizador do congreso local. Así o deu a coñecer a presidenta do órgano organizativo do cónclave da formación ribadense, Begoña Sanjurjo, unha vez pechado o prazo para a presentación de candidaturas e comprobada a documentación entregada xunto ao aval de 42 afiliados.
O voceiro do Grupo Municipal Popular e deputado autonómico, que conta xa co apoio da maioría da afiliación, será o único candidato de cara a cita para renovar os órganos de dirección do Partido a nivel local e que se celebrará o sábado 30 de outubro.
Continúa agora o proceso establecido no regulamento da formación coa campaña interna que se desenvolverá ata o luns 25 de outubro. Os afiliados interesados en participar para emitir directamente o seu voto no congreso disporán ata o mércores 27 de outubro para inscribirse e poñerse ao corrente de pago das cotas. A inscrición previa, requirida debido ao actual contexto sanitario, poderá realizarse de forma telemática a través do enderezo electrónico congresoppribadeo@gmail.com ou de forma presencial na sede do PP de Ribadeo (rúa Calvo Sotelo, 28, baixo) os xoves de catro a oito da tarde.
Vega formulou a súa candidatura á presidencia co obxectivo de “seguir traballando por Ribadeo e construíndo un proxecto forte” que sexa “unha alternativa seria fronte ao proxecto esgotado do goberno local do BNG. Somos un partido unido que traballa centrado no noso pobo e na defensa dos intereses dos nosos veciños”. Nese sentido, amosou o seu desexo de constituír unha executiva que sexa “un reflexo de Ribadeo”.






















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



